Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Axentes da Garda Civil e mariñeiros a bordo dun dos barcos

Unha ducia de detidos en Vigo e Portonovo por pescar con dinamita

Sociedade 23/06/2010
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Querían pescar sardiña con dinamita. Fontes da Garda Civil indican que ese era o obxectivo dos barcos do cerco que se preparaban para sair a pasada noite á captura do peixe máis prezado nas vísporas do San Xoan. A Benemérita incautou 10 quilogramos de explosivo e 400 denotadores.


Victoria Torrente ante unha peza espectacular

Santiago e Vigo acurtan distancia con “89km. Colección CGAC”

Cultura 21/06/2010
  Envía a túa opinión

89 km separan as cidades de Santiago e Vigo, distancia que dá nome a mostra que acolle o Museo Marco de Vigo "89 Km. Colección CGAC". A exposición reúne unha selección dos fondos da Colección do Centro Galego de Arte Contemporánea. Un conxunto de 84 obras, de 63 artistas, que achegan por primeira vez a Vigo a colección de arte contemporánea máis importante de Galicia. Un título co que a comisaria da mostra, Virginia Torrente, quería pór de relieve esta cercanía máis que o contido da mesma. 


Cartaz do Imaxina Sons 2010

O Imaxina Sons abre a temporada musical do verán vigués

Sociedade 21/06/2010
  Envía a túa opinión

O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons arrinca este mércores a súa sexta edición. Unha iniciativa do Concello da cidade olívica cimentada no jazz vangardista e experimental do continente europeo fronte a visións estáticas de éxitos. A súa identidade fórxase polo jazz continental, pola xeración de músicos que desde os 70 revolucionaron a improvisación en Europa, e polas novas fornadas que se están a configurar no jazz peninsular e Galicia. Dende a súa primeira edición, reborda nomes de referencia e proxectos únicos procedentes de variados puntos xeográficos: Francia, Italia, Reino Unido, Austria, Alemaña, Portugal, os países do Leste ou os escandinavos. Nesta 6ª edición pasarán por Vigo ata o 4 de sullo, unha vez máis, grandes artistas no xénero como Martial Solal, Dave Douglas Quintet, Root Africaine, Franz Koglmann, Red Trio + John Butcher, Atlantic Bridge, Irene Aranda e Franco D´Andrea" entroutros.


Unha das esculturas de Manolo Chazo

A palpitación poética de Manolo Chazo

Sociedade 20/06/2010
  Envía a túa opinión

Os relevos en madeira constituen o cerne do traballo de Manolo Chazo. Coñecedor da sabedoría do seu avó como ebanista, a súa obra está provista de palpitación poética cargada dunha experiencia sensual.


Elena Espinosa, ministra de Medio Ambiente

Espinosa inaugurou a rehabilitación do litoral da Guía en Vigo

Sociedade 19/06/2010
  Envía a túa opinión

A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño Elena Espinosa, inaugurou as obras de rehabilitación do borde marítimo do monte da Guía en Vigo. Adecuouse un paseo peonil de 712 metros de lonxitude e 3 metros de anchura, que se axustou no posible ao trazado do camiño existente e que vai desde a baixada ao actual paseo ata a zona do recheo da Lagoa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros