Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da exposición

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá unha mostra de acuarelas de Eduardo Zurita de la Vega

Cultura 18/12/2009
  Envía a túa opinión

As acuarelas de Eduardo Zurita de la Vega encherán o Auditorio Carmen Estévez a partir de hoxe e ata o vindeiro 6 de xaneiro. O propio pintor, acompañado polo alcalde de Vilalba, Gerardo Criado; o concelleiro de cultura, José María García Leira; e o presidente do Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) , D. Manuel Castro Santamariña; será o encargado de inaugurar a exposición a partir das 19.30 horas da tarde.


Imaxe da presentación do libro hoxe en Vilalba

A mellor forma de preparar un bo capón presentouse hoxe en Vilalba

Sociedade 17/12/2009
  Envía a túa opinión

Peitugas de capón con mazá ao viño do Ribeiro, capón recheo de castañas, capón trufado, capón recheo á italiana...Hai mil formas de poder probar este exquisito produto chairego que terá a súa festa o vindeiro domingo 20 de decembro. Algunhas delas, concretamente 43, foron recompiladas por Matilde Felpeto Lagoa nun libro que foi presentado hoxe en Vilalba. Baixo o título de “El Capón de Vilalba y su cocina”, a escritora de Ares da a coñecer varias das mellores formas de preparar este alimento, tras rescatar receitas de diferentes tempos, países e zonas de España e de Galicia.


Grandío, Criado e Hermida durante a presentación da Feira do Capón 2009

Case 2.000 capóns venderanse o domingo en Vilalba

Sociedade 15/12/2009
  Envía a túa opinión

Mais de 1.800 capóns serán sacrificados estes días para ser vendidos na edición do 2009 da tradicional Feira do Capón de Vilalba, que terá lugar o vindeiro 20 de decembro. Esta data é unha das novidades do presente ano, xa que viña celebrándose un día fixo, o 21 de decembro. Sen embargo, a Asociación de Criadores decidiu, por unanimidade dos seus membros, retrasala un día para que coincidise co domingo, dado que ao non ser día laborable podería traer un maior número de clientes e visitantes á capital da Terra Chá.


Cartel da homenaxe

Manuel María recibirá unha homenaxe o vindeiro xoves 10 de decembro no Círculo das Artes de Lugo

Cultura 04/12/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Fundación Manuel María, o departamento de Cultura da Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizarán, para o vindeiro 10 de decembro ás 20.30 horas no Círculo das Artes de Lugo, unha homenaxe a Manuel María baixo o título “Versos para sempre cantar”.


Gerardo Criado, Antonio Fafián e Charles Berthommier charlan durante a presentación do Torneo. Foto, María Roca

O futuro do fútbol español dáse cita en Vilalba

Sociedade 04/12/2009
  Envía a túa opinión

As grandes promesas do fútbol español daranse cita en Vilalba mañá e o domingo no Torneo Generaciones. Este cuadrangular xuntará na capital da chaira a catro das mais prolíficas canteiras do balompé español. O FC Barcelona, Real Madrid, R.C. Celta de Vigo e o R.C. Deportivo da Coruña sub-15 xogarán no estadio de Magdalena para dirimir quen terá o mellor equipo do futuro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros