Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Patricia Arias

As colareiras do Grove

Cultura 13/06/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Patricia Arias Chachero pediu aos seus alumnos e alumnas do Grove que fixesen a semblanza dunha muller. Con este exercicio escolar tiña idea de facer unha especie de “album de mulleres” anónimas para a revista do instituto. Un mosaico de mulleres con nome e apelidos que, polo xeral, non saen nos xornais nin pasan á historia. O resultado foi a narración por retallos da experiencia colectiva das avoas e nais dos rapaces, mulleres que desde hai varias xeracións apañan cunchas nos areais coas que compoñen fermosos colares e adornos, combinando formas e cores, para venderen aos visitantes da vila do Grove e da Illa da Toxa.


Cartaz do encontro

A fábrica de Massó rexurde artísticamente

Sociedade 11/06/2010
  Envía a túa opinión

Cangas acolle esta fin de semana o proxecto artístico “Enconserva” organizado pola Asociación Cultural Deskarga Furtiva. Un encontro para crear en Cangas un espazo creativo para artistas do Morrazo e da contorna da Ría de Vigo. As fábricas de conservas, en especial a fábrica de Massó son o motivo sobre o que xirará este primeira edición da iniciativa. A nave das redeiras convertirase nunha sala de exposicións de pintura, proxección de vídeos, fotografías ou actuacións musicais.


O recordatorio sobre a hora das medicina é un exemplo dos servizos do novo interface

Enxeñeiros da Universidade de Vigo traballan nun proxecto para ofrecer servizos aos dependentes a través do televisor

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

Vídeos sobre exercicios de rehabilitación, recordatorios dos horarios das medicinas, vía de contacto cos médicos ou redes sociais compartidas cos coidadores. Son algúns dos exemplos dos servizos que prestarán os televisores aos que se lle incorpore un interface que están a deseñar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O obxectivo do proxecto é crear unha plataforma, que definen como“sinxela, barata e accesible”, para mellorar a vida dos dependentes no fogar.


de esquerda a dereita, Patricia Casas (gañadora da 3ª edición), Alberto Ramos (2ª edición), Tucho Calvo (director literario de Biblos), Iria López Teixeiro (1ª edición) e Pablo García (5ª edición).

Un feixe de Biblos en Vigo

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

A Casa do Libro de Vigo acollerá o xoves 10 de xuño (20 horas) a presentación dos gañadores das cinco edicións do Premio Biblos-Pazos de Galicia (Iria López Teixeiro, Alberto Ramos, Berta Dávila, Patricia Casas e Pablo García)e de todas as súas obras. Presentados polo director literario de Biblos, Tucho Calvo, o acto ofrecerá a ocasión de mercar e levar dedicadas non só as obras que resultaron gañadoras do certamen senón tamén a produción posterior deste grupo de autores moi novos xa recoñecidos pola crítica galega.


Fotografia: sanpedrocastanero.com

A crucial batalla de Pontesampaio

Sociedade 08/06/2010
  Envía a túa opinión

O protagonismo popular marcou a guerra de liberación contra os franceses nos anos 1808 e 1809. Unha das datas e feitos claves foi a batalla de Pontesampaio nas inmediacións de Vigo. Alí veciños e veciñas, agrupados en alarmas derrotaron ao exército de Napoléon. Foi tal dia como hoxe, un 8 de xuño de 1809.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros