Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Cartaz do Festival

O Festival da Lingua na Coruña chega con polémica

Sociedade 19/09/2009
  Envía a túa opinión

A Quenlla, Dios ke te crew e Fracasados de Antemano son os grupos que actuarán no Festival da Lingua que esta tarde se celebra no Campo da Leña (Praza de España) da Coruña. O evento ven precedido de polémica polas acusacións formuladas polo presidente provincial do PP coruñés Carlos Negreira quen vencellou a actividade con grupos terroristas. A Asociación Veciñal de Monte Alto e o centro social A Treu tildaron esas manifestacións de galegófobas.


Cartaz anunciador da xira

A frescura multicultural e cosmopolita de Scandal no Forum Célticum do Burgo

Sociedade 17/09/2009
  Envía a túa opinión

O Foro Célticum de O Burgo na Coruña acolle  esta noite ás once un concerto gratuíto de Scandal. A banda presenta o seu último disco "Time for Heroes", recén saído da factoría Sterling Sound de Nova York da man de Steve Fallote. Scandal representa unha nova Galicia que inunda coa súa cultura a outros países e ao mesmo tempo bebe de fontes internacionais. Un producto galego actual e fresco cun toque multicultural e cosmopolita.


Franco e Millán Astray

Millán Astray, o da estatua

Sociedade 17/09/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

"Non hai máis que un camiño de salvación: o do espertar dos grandes pobos onde se erguen os seus caudillos, os grandes caudillos da hora presente da vida da humanidade: Mussolini, Hitler, Hiro-Hito, Oliveira Salazar, Francisco Franco Bahamonde" declarou José Millán Astray en 1938. O presidente provincial do PP na Coruña Carlos Negreira calificouno de "coruñés de pro" e defendeu o mantenemento da súa estatua nunha praza céntrica da cidade.


O grupo ferrolán Bang 74

O mellor pop estatal da actualidade na Sala Le Club de A Coruña

Sociedade 11/09/2009
  Envía a túa opinión

A banda ferrolá  Bang 74 e a música power pop do grupo madrileño Collection actúan mañán sábado en A Coruña. O concerto terá lugar na Sala Le Club da cidade herculina, sita na Rúa Rey Abdullah ,13. O custe da entrada ascende a 5 euros. O espectáculo comeza ás dez e media da noite onde se poderá escoitar o mellor pop estatal da actualidade.


Lancha aos Caneiros no ano 2007

A sardiñada en Sada e a primeira xira aos Caneiros en Betanzos

Sociedade 18/08/2009
  Envía a túa opinión

Milleiros de persoas acudirán esta tarde a duas citas festivas tradicionais do vrán na provincia da Coruña. Arredor de 12.000 comensais espéranse na gran sardiñada de Sada que comezará a repartir o peixe asado a partir das 5 da tarde. Nos Caneiros de Betanzos as lanchas engalanadas comezarán a subir o rio entre as 13 e as 14 horas dado que a pleamar coincidirá coas 15,35 h.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros