Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Traballadores de Pascual en Outeiro de Rei protestan polo ERE

Os traballadores de Pascual poderían acollerse á ampliación do ERE ofrecida pola empresa

Sociedade 02/12/2009
  Envía a túa opinión

A asemblea dos traballadores de Leche Pascual en Outeiro de Rei decidiron acollerse á oferta da empresa láctea de prolongar 4 meses mais o ERE. Nunha reunión cos representantes da empresa, os directivos da firma castelá ofrecéronlles esta nova posibilidade, pero non aclararon algunhas cuestións como a concreción das posibles compensacións pola extinción contractual, a fixación do número de traballadores afectados, nin os posibles prazos de incorporación, en caso de formalizarse a compra da planta por outra empresa. As condicións da posible ampliación deste ERE mantéñense en 52 días por ano traballado, polo que os operarios de Pascual poderían acollerse de forma individual a el.


A contaminación dos ríos é unha das temáticas do certame que se falla mañá

ADEGA entrega mañá os premios ás mellores fotografías da exposición “agresións ás augas continentais galegas” en Lugo

Sociedade 01/12/2009
  Envía a túa opinión

Mañá mércores 2 de decembro, contra as 20.30 horas, terá lugar no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra a resolución do concurso de fotografía “Agresións ás augas continentais galegas”, convocado por ADEGA hai un ano. Tras o fallo do xurado, ADEGA inaugurará a mostra fotográfica, que estará aberta ao público ata o 18 de decembro.


Cartel do certame

A II Edición do Concurso de Tapas de Muimenta comezará o vindeiro xoves

Sociedade 01/12/2009
  Envía a túa opinión

A habilidade para condensar un bo manxar nunha pequena tapa será premiada no II Concurso de Tapas de Muimenta, que se celebra desde o xoves 3 de decembro e ata o martes 8, tras o éxito da primeira edición que tivo lugar en agosto pasado. O gran triunfador dese primeiro certame, Casa Tino, poderá amosar que non perdeu o don de facer as mellores tapas. Para desputarlle o trono tamén se apuntaron os locais Abuelo, Alvariño, Anllo, O Cabuxo, O Cruña, Latino, Neira e Palmer´s.


Os condutores aprenderán a manexar o seu automóbil con eficiencia

O Concello de Guitiriz desenvolverá cursos de condución eficiente en decembro e xaneiro

Sociedade 01/12/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Guitiriz e a Fundación Sotavento Galicia ensinarán a conducir eficientemente en decembro e xaneiro. O inicio dunha nova proposta formativa organizará e porá en marcha unha serie de cursos encamiñados a realizar un uso máis racional dos automóbiles. Esta acción pedagóxica tratará de fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustible de até o 15 % sobre a condución convencional, mellorando ademais, a seguridade viaria e o confort.


Imaxe dun pleno no Concello de Vilalba

Acordo do Pleno de Vilalba para a formalización do comedor na gardería

Sociedade 30/11/2009
  Envía a túa opinión

A creación dun comedor na gardería de Vilalba está hoxe mais cerca, despois da aprobación, no pleno do pasado venres 27 de novembro, da ordenanza fiscal número 21 que regulaba a asistencia de menores a esta escola municipal. Esta medida, que estaba incluída no punto dous da orde do día, contou co apoio de todas as formacións políticas, o PP, o PSdeG-PSOE e o BNG.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros