Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografia: sanpedrocastanero.com

A crucial batalla de Pontesampaio

Sociedade 08/06/2010
  Envía a túa opinión

O protagonismo popular marcou a guerra de liberación contra os franceses nos anos 1808 e 1809. Unha das datas e feitos claves foi a batalla de Pontesampaio nas inmediacións de Vigo. Alí veciños e veciñas, agrupados en alarmas derrotaron ao exército de Napoléon. Foi tal dia como hoxe, un 8 de xuño de 1809.


Xoan Carlos Garrido: “Os plans da Xunta para a Illa de San Simón son unha falta de respecto ás vítimas”

Sociedade 06/06/2010
  Envía a túa opinión

Vinte asociacións presentaron un manifesto contra o cambio do Plan de Usos da Illa de San Simón e pediron unha entrevista co xerente da Fundación, Francisco Javier Alonso, para expresarlle o seu malestar pola decisión da Consellaría de Cultura de transformar o lugar senlleiro da memoria histórica en Galicia nun simple escenario de eventos culturais. O vello lazareto e campo de concentración de prisioneiros franquistas que o bipartito designara como símbolo da memoria dos represaliados vai ser agora un espazo para dar proxección internacional ao sector cultural do país e organizar actividades de lecer.


As penlas vístense de branco con ás de anxos

A tradición das penlas en Redondela

Sociedade 04/06/2010
  Envía a túa opinión

Redondela vístese de longo estes días coa celebración da Festa da Coca, declarada de interese turístico galego no 2001. O día grande dos festexos foi onte, coincidindo coa data do Corpus, festivo local na localidade. O tempo acompañou ás celebracións e puido levarse a cabo as tradicionais “Danza das espadas” e a “Danza das penlas”. Esta última, segundo o historiador José Martínez Crespo, trátase dun patrimonio galego inmaterial. As súas orixes remóntanse ao século IX aínda que en Redondela se data no XVI.


Cartaz da festa

Cunca de viño de Barrantes acompañado dunha boa conserva

Sociedade 04/06/2010
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Arrinca hoxe a 38 edición da Festa do Viño Tinto do Salnés, que se celebra en Barrantes (Ribadumia). A cita combínase coa III Festa de Exaltación da Conserva, honrando así aos dous productos típicos desta zona e pilares fundamemtais da economía da comarca. Durante tres días Barrantes promocionará os seus caldos, como xa é tradición desde hai 40 anos, convertíndose así no signo de identidade deste concello. A numerosa participación do viticultores que participan cos seus viños e catas, os grandes artífices desta celebración de exaltación ao deus Baco, recoñecerase este ano co seu nomeamento de valedores da Festa do Viño Tinto do Salnés.


Fotografia: Vigo en fotos

Praias de Redondela e Vigo pechadas por vertidos

Sociedade 03/06/2010
  Envía a túa opinión

Técnicos de Augas de Galicia procederán hoxe a realizar una inspección nas empresas da zona, aínda que non se desbota que o fuel proceda dun vertido dende o mar, dalgunha embarcación. O vertido contaminante obrigou a pechar as praias de Chapela e Rande (Redondela) así como os areais de Mende e A Punta en Teis (Vigo).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros