Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O famoso globo de Betanzos

O globo de Betanzos, a tradición máis arraigada

Sociedade 14/08/2009
  Envía a túa opinión

50 mil persoas concentraránse na noite do vindeiro domingo en Betanzos para contemplar o afamado globo das festas patronáis de San roque. Uns festexos que contan con moita solera. Non en balde declararónse  de interese público nacional no ano 1971. Dende hoxe ata o 25 de agosto , 12 días de festas para os máis incansables betanceiros.


A banda deseñada inunda A Coruña

O comic sobre o comic nas Viñetas do Atlántico

Cultura 09/08/2009
  Envía a túa opinión

Convertiuse nun dos salóns do comic máis importantes de España. Viñetas do Atlántico, fundado por Miguelanxo Prado, abre mañá luns dia 10 as súas portas na Coruña para expoñer as últimas tendencias da banda deseñada. Exposicións simultáneas, presentación de novidades e firma de autores sucederánse ata o dia 16 en diferentes escenarios da cidade herculina.


Polideportivo do colexio Peñarredonda

Colegio Peñarredonda: Aquí no se admiten niñas

Sociedade 07/08/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Colegio Peñarredonda da Coruña é un dos centros que non admiten nenas e que agora serán subvencionados pola Xunta de Galicia, tras a decisión adoptada polo Consello no dia de onte. O Peñarredonda, propiedade do Opus Dei, practica o que denominan educación diferenciada. Afirman que facilitan que cada alumno cultive as cualidades propias do seu xeito de ser, a masculinidade, rasgo constitutivo da persoa. O goberno bipartito excluira aos centros que non teñen aulas mixtas das subvencións ao entender que non cumprían a LOE. Os sindicatos anuncian que recurrirán a decisión da Xunta.


Baldo Martínez actuará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de Culleredo

Baldo Martínez inaugura o Burgojazz

Cultura 13/07/2009
  Envía a túa opinión

Por noveno ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo pon en marcha o Festival Burgojazz, este ano dedicado integramente ao jazz galego. Baldo Martínez ofrecerá esta noite o concerto inaugural do evento acompañado do seu grupo Proxecto Miño, unha formación que realiza música inspirada en sons tradicionais da fronteira entre Galicia e Portugal.


Imaxe da pasada edición de Feira Franca Medieval de Betanzos

Betanzos fai un salto no tempo coa Feira Franca Medieval

Sociedade 07/07/2009
  Envía a túa opinión

Este venres 10 de xullo arranca a duodécima edición da Feira Franca Medieval de Betanzos. Esta feira, que data do século XV, serve para reivindicar a historia do concello e tamén para recordar que Betanzos recibe cos brazos abertos a todo aquel que o visite.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros