Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe do interior do Taller que esta empresa editorial ten en Pontevedra

Taller de Edicións presentará, na súa nova sede en Pontevedra, un documental biográfico sobre Rosalía

Cultura 27/11/2009
  Envía a túa opinión

A editorial galega Taller de Edicións presentará, na súa nova sede de Pontevedra, o vindeiro luns 30 de novembro, un taller de vangarda e un documental sobre Rosalía de Castro. A primeira das actividades permitirá aos asistentes ollar un espazo privado de uso público, que posúe unha área de traballo, un salón de actividades, unha biblioteca especializada e un importante arquivo, todo elo ao alcance do visitante.


Xulio Xiz, José Varela, Raquel Arias, José Antonio Vázquez e Jesús Domínguez durante a presentación

O Belén de Begonte presentou a súa XXXVIII edición

Sociedade 27/11/2009
  Envía a túa opinión

O Belén de Begonte xa ten punto de partida. Será o vindeiro 5 de decembro cando se produza a súa inauguración oficial, segundo adiantou hoxe o vicepresidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán, Xulio Xiz, na presentación deste clásico evento do Nadal galego. Ao acto acudiu a pregoeira desta edición número XXXVIII, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.


O Vilalba FS terá un sitio no Pavillon Municipal para deixar o seu material

Unha axuda autonómica achegará 60.000 euros para un novo almacén no Pavillón de Deportes de Vilalba

Sociedade 26/11/2009
  Envía a túa opinión

Un convenio entre o Concello de Vilalba e a Xunta de Galicia permitirá transformar o local anexo ao Pavillón de Deportes Municipal nunha zona de almacenaxe de material deportivo. A axuda autonómica cubrirá o custe total das obras, que se cifran en 60.000 euros, segundo informou o alcalde da vila, Gerardo Criado.


O Belén de Begonte é unha das citas do Nadal lugués

Raquel Arias inaugurará o Belén de Begonte

Sociedade 26/11/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, será a encargada da inauguración dunha das citas ineludibles do Nadal galego: o Belén de Begonte. O 5 de decembro, contra as 18.00 horas, é a data elixida para o comezo dun evento que se estenderá ata o último domingo de xaneiro.  O acto rematará cunha actuación da Coral de Lugo.


O BNG de Vilalba organiza hoxe unha concentración contra a violencia de xénero

O BNG vilalbés concentrarase hoxe contra a violencia de xénero

Sociedade 25/11/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Municipal do BNG de Vilalba organiza hoxe, na Praza da Constitución ás 20.30 horas, unha concentración contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da eliminación da Violencia das Mulleres. A nova responsable local do partido nacionalista na capital chairega, Tereixa Burgo, será a encargada de ler un manifesto no que se sinalará que este é un problema que afecta ao conxunto da sociedade e non só a unha minoría.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros