Os Museos Científicos Coruñeses lideran un grupo de traballo do proxecto europeo CASC (Cidades e Comunicación Científica). Concellos, museos, universidades e empresas de toda a Unión Europea compartirán coñecementos no marco desta iniciativa co obxectivo de explorar novas formas de incrementar o interese do público na ciencia.
O Concello da Coruña dará a coñecer o vindeiro luns o cartaz das festas do verán da cidade herculina. Unha das citas máis agardadas celebraráse o venres 14 e sábado 15 de agosto na praia de Riazor. Trátase dunha nova edición do Noroeste pop rock.
A Masa Crítica Galega hai anos que ten claro que outra mobilidade é posible. Por iso, este sábado convídanos a participar na III Marcha Ciclonudista da Coruña que sairá da praza de María Pita ás doce do mediodía, seguindo un percorrido que prefiren gardar en segredo desde a organización. O ideal é quitar a roupa, aínda que tamén se pode optar por pintar o corpo, disfrazarse ou poñerse un bikini ou bañador. O importante é sumar cantas máis bicis mellor.
A praza de María Pita será o punto de saída da III Marcha Ciclonudista da Coruña. Un evento de ámbito internacional que fóra das nosas fronteiras alcanza xa os seis anos de vida. A cita pretende converter este sábado, día 13, nunha xornada reivindicativa e festiva. As demandas céntranse en concienciar aos cidadáns e, sobre todo, aos condutores dos vehículos de que a pel dos ciclistas é a súa única carrocería, polo que deben cumprir as normas e respectalos. Ao mesmo tempo, aproveitarán para reclamar tamén o nudismo como un dereito.
O domingo 21 de xuño celebraráse en Culleredo (A Coruña) un dos poucos concursos de pintura ao ar libre que se celebran en Galicia. A iniciativa diríxese a persoas de todas as idades, con maior ou menor experiencia no manexo do pincel. Organiza a concellería de Cultura de Culleredo co patrocinio de El Corte Inglés.