Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

O Vilalba FS terá un sitio no Pavillon Municipal para deixar o seu material

Unha axuda autonómica achegará 60.000 euros para un novo almacén no Pavillón de Deportes de Vilalba

Sociedade 26/11/2009
  Envía a túa opinión

Un convenio entre o Concello de Vilalba e a Xunta de Galicia permitirá transformar o local anexo ao Pavillón de Deportes Municipal nunha zona de almacenaxe de material deportivo. A axuda autonómica cubrirá o custe total das obras, que se cifran en 60.000 euros, segundo informou o alcalde da vila, Gerardo Criado.


O Belén de Begonte é unha das citas do Nadal lugués

Raquel Arias inaugurará o Belén de Begonte

Sociedade 26/11/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, será a encargada da inauguración dunha das citas ineludibles do Nadal galego: o Belén de Begonte. O 5 de decembro, contra as 18.00 horas, é a data elixida para o comezo dun evento que se estenderá ata o último domingo de xaneiro.  O acto rematará cunha actuación da Coral de Lugo.


O BNG de Vilalba organiza hoxe unha concentración contra a violencia de xénero

O BNG vilalbés concentrarase hoxe contra a violencia de xénero

Sociedade 25/11/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Municipal do BNG de Vilalba organiza hoxe, na Praza da Constitución ás 20.30 horas, unha concentración contra a violencia de xénero, co gallo da celebración do Día Internacional da eliminación da Violencia das Mulleres. A nova responsable local do partido nacionalista na capital chairega, Tereixa Burgo, será a encargada de ler un manifesto no que se sinalará que este é un problema que afecta ao conxunto da sociedade e non só a unha minoría.


Cartel do evento

Antonio Reigosa participará nunha xornada de Polafías en Cabreiros, Xermade

Cultura 20/11/2009
  Envía a túa opinión

O vindeiro sábado 28 de novembro, a Casa-Escola de Cabreiros, en Xermade, acollerá, contra as 19.00 horas, unha xornada de Polafías que contará coa presenza do escritor Antonio Reigosa. As polafías son pequenos relatos baseados en lendas e contos relacionados co mais alá e as supersticións populares galegas. Nesta actividade participarán os veciños de Cabreiros, que aportarán o seu propio coñecemento e a súa interpretación.


Alfredo Suárez Canal, durante unha intervención no Parlamento de Galicia

O Plan Impulsa Lugo non recibirá diñeiro da Xunta

Sociedade 20/11/2009
  Envía a túa opinión

O Plan Impulsa Lugo non terá financiamento da Xunta, tal e como anunciou o director do Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández, en  resposta a unha pregunta do deputado do BNG, Alfredo Suárez Canal. Segundo o representante da institución empresarial, “os plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense publicitados polo presidente da Xunta non contan con ningunha partida para facelos realidade nos Orzamentos da Xunta para 2010, nin tampouco hai ningunha emenda do Grupo Popular para que si se recollan partidas”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros