Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

As antigas instalacións da Cros no paseo marítimo de Culleredo (Fotog. J.Camba)

Para pintar ao ar libre

Cultura 05/06/2009
  Envía a túa opinión

O domingo 21 de xuño celebraráse en Culleredo (A Coruña) un dos poucos concursos de pintura ao ar libre que se celebran en Galicia. A iniciativa diríxese a persoas de todas as idades, con maior ou menor experiencia no manexo do pincel. Organiza a concellería de Cultura de Culleredo co patrocinio de El Corte Inglés.


En Bergondo ubícase un Centro de Promoción da Autonomía Persoal

Unha nena de 6 anos morre en accidente en Muxía e un empregado municipal en Bergondo

Sociedade 27/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha nena de 6 anos morreu a pasada noite nun accidente de tráfico en Muxia. A súa nai resultou ferida de gravidade. Xa de madrugada, un empregado do servizo de recollida do lixo de Bergondo falecía tamén atropelado nas inmediacións da ponte do Pedrido.


A ampliación proxecta prolongar en 400 metros a pista de aterraxe de Alvedro

Presentan alegacións contra a ampliación do aeroporto de Alvedro

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

A prevista ampliación do aeroporto de Alvedro conlevaría un brutal impacto paisaxístico e territorial, segundo as alegacións presentadas á obra. Entidades ecoloxistas, veciñais e Concellos coinciden en sinalar como innecesaria a prolongación da pista de aterraxe en 400 metros.


Capa do documental que se pode ver en Flocos.tv

Lorenzo Soler rememora a oposición á A9 que filmou hai 30 anos

Cultura 28/04/2009
  Envía a túa opinión

A obra pública máis determinante para a historia de Galicia no século XX ben puidera ser a autoestrada do Atlántico, a A9. A concentración da poboación no litoral e a dinamización económica e social da faixa atlántica chegaron dacabalo desa vía, cuxo primeiro treito, o que unía Santiago coa Coruña, inaugurouse hai xa tres décadas. Houbo que agardar a 2001 para que se completase o traxecto entre Vigo e Ferrol. Hoxe a A9 forma parte da nosa paisaxe, pero non todo foron parabéns á obra, que enfrontou un forte movemento de oposición recollido no documental “Autopista, unha navallada á nosa terra”, do ano 1977. O seu realizador foi o valenciano Lorenzo Soler, quen lembrou en Radiofusiòn o forte pulo do movemento asembleario contrario ao trazado.


Fotografia: César Quián

Recuperan dous cadáveres nunha fosa séptica en Culleredo

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

Dous cadáveres de dous varóns foron rescatados esta madrugada da fosa séptica dunha vivenda de Fonteculler, en Culleredo (A Coruña), informaron fontes de Urxencias 112 e dos bombeiros de Arteixo. A Garda Civil acudiu ao lugar cun home esposado que asistiu en todo momento aos labores de búsqueda, acompañado do seu avogado. Os corpos poderían pertencer a dous xoves desaparecidos recentemente na Coruña.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros