Envía a túa opinión
A falta de previsión do Concello obriga a suspender o festival de fin de curso do Club de patinaxe Bolboreta. Un mal entendido ou a falta de coordinación entre o concelleiro de deportes e o departamento técnico que leva a concellería provocou un enfrontamento polo uso das instalacións do pavillón de deportes de Chapela. O club Bolboreta tiña solicitado no concello o uso das instalacións deportivas para a tarde do venres día 5 de xuño, sen embargo unha vez no lugar decatáronse de que o edil Carlos González tiña concedido de palabra o uso do pavillón a uns pais do Colexio de Chapela.
Envía a túa opinión
Hoxe arranca en Soutomaior a III Semana Gastronómica e III Ruta do Pincho. Organizada pola Asociación de empresarios de Arcade en colaboración coa Deputación de Pontevedra comeza unha nova edición da Semana gastronómica na que participan boa parte dos hostaleiros de Arcade e que ten por obxectivo impulsar a gastronomía da zona, o sector hostaleiro e fomentar o turismo no concello de Soutomaior.
Envía a túa opinión
Non están dispostos a desbotar a alternativa 5 en favor da 11 o que sería trasladar o problema da parroquia do Viso á de Vilar. A plataforma contra a autovía aplaude a decisión da Xunta de solicitar a Fomento que se anule o trazado de conexión da A-57 con Peinador a través da alternativa 5. Con todo o colectivo veciñal reitera que a súa postura é de oposición á calquera dos trazados propostos inicialmente, polo que non comparten a petición do PP de que se faga finalmente esta conexión a través da variante 11 a través de Pazos de Borbén-Os Valos.
4 comentario/s - Envía a túa opinión
XIII edición xa dunha celebración recuperada no ano 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. Un xeito festivo de reivindicar unha maior protección para o Monte da Peneda e o mesmo tempo conmemorar o solsticio de verán.
Envía a túa opinión
Concello e Deputación financian unha obra de humanización que inclúe a construcción de beirarrúas e un aparcadoiro, así como a mellora do alumeado. A céntrica rúa de Rosalía de Castro en Arcade será obxecto dunha importante actuación dotada cun orzamento de 500.000 euros, dos cales a corporación provincial aportarán 350.000 mentres que o municipio asumirá os 150.000 restantes.