Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Imaxe do colectivo Camper que se achegou por Sotavento

A caravana Camper achégase por Sotavento

Sociedade 18/11/2009
  Envía a túa opinión

A concentración de furgonetas Camper interesouse polas enerxías renovables, xa que unha das súas paradas por Galicia foi o parque eólico experimental Sotavento. Foron mais de corenta os visitantes procedentes de toda España os que visitaron a instalación xermadina procedentes de Guitiriz, onde pararon na área recreativa de San Xoán.


Fernando Blanco, Guillerme Vázquez e Antón Bao, durante a súa reunión cos representantes dos traballadores de PAscual

Guillerme Vázquez pide unha solución urxente da Xunta para os traballadores de Pascual

Sociedade 17/11/2009
  Envía a túa opinión

Os traballadores de Pascual en Outeiro de Rei seguen a sumar apoios á súa mobilización para reclamar unha solución ao ERE da empresa na planta chairega, que finalizará o vindeiro 4 de decembro co despido dos 135 traballadores. Hoxe foi o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, o que se achegou polo campamento onde permanecen pechados os operarios para amosar o apoio “rotundo” do partido nacionalista. Acompañado polo ex conselleiro de Industria, Fernando Blanco; polo vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antón Bao e pola primeira tenente de alcalde do Concello de A Pastoriza, Elva Veleiro; o número un do BNG reclamou á Xunta de Galicia que rematase co seu inmobilismo e puxese “unha decisión enriba da mesa”.


Margarida Prieto nun momento da rolda de prensa

O SLG denuncia prezos nos produtos agrarios mais baixos que hai 15 anos

Sociedade 16/11/2009
  Envía a túa opinión

A mobilización agrogandeira da vindeira fin de semana segue sumando apoios. Hoxe, o Sindicato Labrego Galego (SLG) presentou as accións que levará a cabo durante o 20 e o 21 de novembro. A grave crise pola que atravesa o sector e a reclamación de prezos dignos para todos os produtos derivados do campo galego é a principal demanda desta organización labrega, que reclama á Xunta unha maior acción e un esforzo para que se consiga saír da preocupante situación pola que atravesan as explotacións.


Sonia Verdes

Sonia Verdes reclama un apoio firme da Xunta para os traballadores de Pascual

Sociedade 16/11/2009
  Envía a túa opinión

A situación crítica pola que está a atravesar a planta de Pascual de Outeiro de Rei, na que os 135 postos de traballo están no fío do arame coa data de extinción dos mesmos programada para o 4 de decembro, motivou a intervención da Deputada no Parlamento Sonia Verdes. A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista reclamou ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “lidere o conflito da Planta de Leite Pascual en Outeiro de Rei, ante a incompetencia do Conselleiro de Medio Rural”.


Eduardo Vidal, responsable do CETAL

O CETAL e CRAEGA asinan un acordo sobre agricultura ecolóxica

Sociedade 13/11/2009
  Envía a túa opinión

O do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) asinou un acordo marco de colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), polo que facilitará a esta institución a a implantación dos soportes estructurais e institucionais necesarios para impulsar o desenvolvemento da agroalimentación ecolóxica, tal e como adiantou o director xeral do CETAL, Eduardo Vidal Baamonde.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros