Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

Fotografía de Tomohiro Muda

O Camiño de Santiago visto desde Oriente

Sociedade 12/05/2010
  Envía a túa opinión

Dende hoxe e até o vindeiro 9 de xuño a sala de exposicións da Casa da Torre en Redondela (Pontevedra) acolle a mostra fotográfica Camiño de Santiago. Unha visión dende oriente. Tomohiro Muda na que o artista presentan unha selección das imaxes tomadas durante as súas peregrinacións a Santiago.


Banda Potemkin, Cromática Pistona e Funk´n Bastards amenizan a Festa Trezecatorzeadora

Cultura 08/05/2010
  Envía a túa opinión

“Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos este sábado 8 de maio a III Festa Trezecatorzeadora en Salceda, cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e, por suposto, festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño ata a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, mambos, skas, reegues, e moito máis!” Deste xeito anímannos desde a organización da III Festa Trezecatorzeadora a participar nesta cita que se celebra ao longo da xornada de hoxe sábado en Salceda de Caselas e na que actuarán a partir das once da noite A Banda Potemkin, Cromática Pistona, Funk´n Bastards, Cé Orquestra Pantasma e Dj Aligator.



 

 


Cartaz da película

O cineasta Lois Patiño ao Documenta Madrid

Sociedade 03/05/2010
  Envía a túa opinión

A última película de Lois Patiño, "Recordando los rostros de la muerte" formará parte da Sección Oficial do Festival de Cine de non-ficción "Documenta Madrid" que se celebra entre o 7 e o 16 de maio. A película do artista e cineasta galego proxectarase os dias 7 e 10 deste mes no cine Palafox de Madrid.Non é a primeira vez que o vigués é seleccionado neste festival.


Belöp, unha banda fresca e divertida

Sociedade 03/05/2010
  Envía a túa opinión

Fabio Cebral (voz guitarra, sintetizador), David González (baixo) e Diego Rincón (batería) son de Redondela (Pontevedra). Teñen tan só entre 20 e 21 anos, pero xa comezaron a rodar co seu grupo, Belöp. Actuan este xoves 6 de maio ás 21,30 h. na Fábrica de Chocolate (Rúa Roxelio Abalde.26 Vigo). O prezo das entradas ascende a 3 euros.


Manifestación da CIG este mediodia en Vigo

O primeiro de maio dos 200.000 parados

Sociedade 01/05/2010
  Envía a túa opinión

Milleiros de persoas sairon este mediodia ás rúas das cidades galegas para conmemorar o Primeiro de Maio e facer patente a súa protesta polo desemprego, un andacio que afecta a 200.600 persoas, segundo os últimos dados publicados polo goberno. "Non á proposta de pacto social" e "Que os ricos paguen a crise" foron algunhas das pancartas que se viron nas marchas da Confederación Intersindical Galega, as de máis nutrida participación. Tanto os nacionalistas como CCOO e UXT realizaron os seus actos centrais en Vigo. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros