Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

No 2008 tamén se conmemorou a chegada da II República

Lembrando o 14 de abril de 1931

Institucional 09/04/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O 14 de abril de 1931 viviuse unha xornada de festa, rexouba e esperanza. A ilusión e o entusiasmo pola caida da monarquia e pola chegada dun novo réxime encheu de ledicia e rexouba ás manifestacións populares que recibían á II República. O vindeiro martes organízanse actos conmemorativos daquela data en Culleredo e na Coruña.


Cartaz da campaña contra os símbolos franquistas

O Parte de Paz antifranquista pide a retirada dos títulos honoríficos obtidos por Fraga na dictadura

Sociedade 02/04/2009
  Envía a túa opinión

“Quince días despois de concederlle o título de fillo predileto de A Coruña a Manuel Fraga en 1968, na cidade había un estado de excepción”, explica o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica herculina, Manuel Monge, para esixir que lle retiren esa distinción ao actual senador. “Non nos referimos para nada á etapa democrática; nós respectamos o papel que xogou como presidente da Xunta. Falamos da plena ditadura”, declarou a Radiofusiòn co gallo da publicación dun Parte de Paz que coincide co 70 aniversario da fin da Guerra Civil.


Celestino Poza presenta a publicación esta tarde na Coruña

Unha monografia sobre as Políticas para a Muller

Sociedade 01/04/2009
  Envía a túa opinión

“Políticas de Igualdade, Traballo e Conciliación”. Ese foi un dos temas abordados no Seminario organizado polo Instituto de Estudios Políticos e Sociais en outubro do 2008 na Coruña. Esta tarde o concelleiro de Cultura de Culleredo e presidente da entidade Celestino Poza presenta a monografia dos citados encontros.


Ao Liceo La Paz acudiron numerosos familiares do alumnado

Un neno de 3 anos morreu esta mañá nas instalacións do colexio Liceo A Paz, na Coruña

Sociedade 30/03/2009
  Envía a túa opinión

Segundo as informacións facilitadas desde o centro, o menor faleceu afogado na piscina do centro durante unha clase de natación. O 061 recibiu o aviso do accidente ás 10.40 da mañá e mobilizou unha ambulancia medicalizada, que se desprazou ao centro educativo. O persoal sanitario intentou reanimar durante 40 minutos ao pequeno, pero non puido salvar a súa vida. O Liceo La Paz é un colexio privado de carácter concertado sito nas proximidades da Avenida Alfonso Molina. Segundo a súa páxina web, conta con 2000 alumnos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacherelato e Ciclos Formativos.


Miguel Anxo Fernán - Velho impartirá o obradoiro en Vilaboa

Organizan un obradoiro na biblioteca de poesía Uxio Novoneyra de Culleredo

Cultura 27/03/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura de Culleredo como complemento a súa Programación de Primavera da “Aula de Poesía” da Biblioteca de Poesía “Uxía Novoneyra” de Vilamelania-Vilaboa, organiza un Obradoiro de poesía, dende o 27 de abril ao 1 de xuño, impartido polo poeta e editor D. Miguel Anxo Fernán Vello e dirixido a adultos e xóvenes, cun máximo de trinta prazas que terán carácter gratuíto. As persoas interesadas  deben dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Culleredo no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo – tlfno.: 981665597 – E-mail: cultura@culleredo.org.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros