Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A banda andaluza tocará canda a La Bien Querida no Festival do Norte

Los Planetas poñen os alicerces da súa pirámide en Vilagarcía

Cultura 01/05/2010
  Envía a túa opinión

As obras na casa do faraón J van de vagariño. A banda máis egrexia da escena alternativa española e o faro do rock cantado en castelán resolve unha débeda con Galicia. Hai agora un ano Los Planetas escribían o “Libro del Universo” e o Festival do Norte ía ser o escenario para amosar os bosquexos desa obra. Os borróns que lles caían polas páxinas impedíronlles chegar a tempo ao compromiso e Vilagarcía ficou orfa de quen ía ser o primeiro nome no cartel do seu gran evento musical. A medio camiño, o conxunto de Granada mudou a escritura pola arquitectura e comezou a edificar “Una Ópera Egipcia”, o disco chamado a consagrar a alianza irreversible entre o folclore andaluz e o rock espacial. Coa pirámide rematada, Los Planetas cambian o Nilo polo Con e chegan esta noite a Arousa para cumprir un ano despois o prometido.


Pablo Carpintero

Pablo Carpintero e o valor da tradición

Sociedade 30/04/2010
  Envía a túa opinión

A música tradicional galega protagonizará o concerto didáctico que esta tarde ofrecerá o músico e investigador Pablo Carpintero. Un concerto de balde organizado pola Concellería de Normalización Lingüística ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira en Redondela.


3 mortos en accidente en Caldas de Reis

Sociedade 29/04/2010
  Envía a túa opinión

Tres persoas faleceron e outras tres resultaron feridas de diversa consideración nun accidente sucedido ás 10:50 da mañá no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, segundo informou o Servizo de Emerxencias 112 e da Garda Civil de Tráfico. O sinistro produciuse no quilómetro 223 da N-640, ao seu paso pola localidade de San Andrés de César, entre Caldas e Cuntis, despois de que un turismo e unha furgoneta protagonizasen unha colisión frontal.


O último accidente mortal do corredor do Morrazo produciuse o pasado 6 de marzo

Accidentes mortais esta tarde no Porriño e no corredor do Morrazo

Sociedade 27/04/2010
  Envía a túa opinión

Unha persoa morta e tres feridos graves, entre eles un bebé, é o balance dun accidente ocorrido á primeira hora desta tarde no corredor do Morrazo, onde se produciu unha colisión frontal con dous vehículos implicados. Segundo informaron a Europa Press fontes do 112, o sinistro tivo lugar sobre as 15.45 horas no quilómetro 10 deste viario, preto da saída de Moaña en sentido Cangas. E a quinta víctima mortal neste vial no que vai de ano.


A manifestación saiu da Alameda e rematou na Praza da Quintana

Milleiros de persoas maniféstanse contra as privatizacións

Sociedade 25/04/2010
  Envía a túa opinión

O mandato de Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia semella que vai ser diferente da "pax fraguiana" que caracterizou os 16 anos nos que o de Vilalba se sentou no Pazo de Raxoi. A contestación social ás políticas do Partido Popular viviu hoxe un novo episodio en Santiago de Compostela. Profesores, empregados da Sanidade, dos servizos de Bombeiros, Correos, etcétera manifestáronse ao berro de "O público é servizo, o privado beneficio". Acudiron máis de 4.000 persoas, segundo a Policia Local compostelán.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros