Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

Miguel Anxo Fernán - Velho impartirá o obradoiro en Vilaboa

Organizan un obradoiro na biblioteca de poesía Uxio Novoneyra de Culleredo

Cultura 27/03/2009
  Envía a túa opinión

A Concellería de Cultura de Culleredo como complemento a súa Programación de Primavera da “Aula de Poesía” da Biblioteca de Poesía “Uxía Novoneyra” de Vilamelania-Vilaboa, organiza un Obradoiro de poesía, dende o 27 de abril ao 1 de xuño, impartido polo poeta e editor D. Miguel Anxo Fernán Vello e dirixido a adultos e xóvenes, cun máximo de trinta prazas que terán carácter gratuíto. As persoas interesadas  deben dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Culleredo no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo – tlfno.: 981665597 – E-mail: cultura@culleredo.org.


O monumento a Curros de Asorey preside os xardíns da Coruña

Elena Zernova presenta a obra de Curros Enríquez verquida ao ruso

Cultura 26/03/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Se cadra en Galicia non se le todo o que se debera, mais si se poñen os medios para que o que aquí se escribe chegue ás audiencia máis amplas. Así por exemplo, a obra de Manuel Curros Enrique ven de ser traducida ao ruso. A antoloxia presentaráse ás 7 desta tarde na Real Academia Galega da Coruña.


Guru Deva en concerto

Guru Deva promociona Vago

Cultura 12/03/2009
  Envía a túa opinión

O cotidiano, os problemas e vivencias persoais é a temática da música de Guru Deva,, un grupo de pop-rock da Coruña que esta noite presenta o seu segundo disco en Culleredo. E o punto de partida dunha xira que os levará por numerosas localidades galegas.


Dirixe Giseliña, Cisco Aznar (Badalona,1972)

Giseliña, a nosa Giselle

Cultura 07/03/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Coreográfico Galego (CCG) estrea hoxe no Teatro Rosalía de Castro 'Giseliña', unha adaptación do ballet 'Giselle', dirixida por Cisco Aznar, que ten como referencia a tradición popular galega. Coproducida co teatro La Laboral de Gijón e o Centro Párraga de Murcia, 'Giseliña' constitúe a terceira produción da historia do CCG, despois de 'Vacuo', de Maruxa Salas e 'Kiosko das almas perdidas', de Roberto Oliván.


A música de autor rexurde

ClanAutor vai de camiño a Culleredo

Cultura 05/03/2009
  Envía a túa opinión

O encontro de cantautores "ClanAutor" que forma parte da programación de inverno do "Vai de Camiño" da Xunta de Galicia, recala este venres 6 de Marzo ás 8:30 da tarde no Edificio de Servizos Múltiples de Culleredo (A Coruña). Alí daranse cita un total de 8 cantautores de diferentes estilos que ofrecerán un concerto conxunto de 2 horas de duración como mostra do que se está facendo hoxe en día dentro da canción de autor en Galicia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros