O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurou esta mañán o Congreso “Pablo Iglesias en su tiempo. Cien años de socialismo parlamentario”. Un foro de debate e reflexión sobre Pablo Iglesias e o seu tempo. Celebrase no Campus de Esteiro e a el asistía o Rector da Universidade da Coruña, José Mª Barja e o Director da Fundación Pablo Iglesias, Salvador Clota. Encargóuse esta último de impartir a conferencia inaugural ás 12 desta mañá.
O Concello de Ferrol abrirá un prazo para que as familias con necesidade de vivenda presenten a súa solicitude para acceder a unha en réxime de aluguer no barrio de Recimil. O prazo abriráse o 1 de decembro e pecharase o 31 do mesmo mes. Ata ese momento, o Concello porá a disposición de todas as interesadas, na web municipal (www.ferrol.es), no Rexistro Xeral e nas Unidades Básicas de Traballo Social, o Regulamento de adxudicación e toda a información necesaria sobre os documentos que deben presentar.
Foi un erro humano. Esa é a explicación que ofreceu este mediodia o equipo directivo e médico do Arquitecto Marcide arredor do suceso que provocou o pasado domingo a morte dun bebé. Asumimos a responsabilidade dun incidente totalmente anómalo, manifestaron en roda de prensa o xerente de procesos da Area Jose Rey Aneiros e os xefes dos servizos de Pediatria e Xinecoloxía do complexo hospitalario. O pai e a nai do rapaz falecido residen en Fene e solicitan privacidade.
“En canto descubrín esa forma de escrita sen chegar ao borde do papel xa non me desenganchei”. A poeta Yolanda Castaño comezou a escribir os seus primeiros versos con 7 anos emulando a Gloria Fuertes quen activou o seu gusto pola poesía e o cultivo deste xénero. A medida que medraba afondaba noutros autores, na primaria Bécquer e máis moza os autores da Xeración do 27 que a “deslumbraron”. Tras 15 anos publicando, segue “tirando” da poesía, onde se amosa máis cómoda e o xénero que lle produce máis satisfacción.
A Universidade da Coruña acolle dende mañán e ata o sabado as Xornadas adicadas a Ricardo Carvalho Calero, baixo o lema Ciencia, literatura e nación e organizadas pola área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña e máis pola Asociación Sociopedagóxica Galega, AS-PG. Conmemórase o centenario do seu nacemento en Ferrol. Inauguranse mañán mércores,ás 17.30 horas.