Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Varios establecementos de Guitiriz foron premiados polo seu compromiso coa reciclaxe

Guitiriz premia á colaboración na reciclaxe

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, xunto con técnicos do concello fixeron entrega hoxe dos premios Pinga Branca e Pinga Negra. O primeiro supón un recoñecemento á colaboración empresarial e individual ao uso correcto dos colectores de lixo, facendo unha separación que redunde na reciclaxe, o aforro e a conservación da natureza. Esta acción se enmarca dentro da política de sostibilidade do municipio chairego. Os segundos, os Pinga Negra, están destinados a castigar a quen amose unha falta de interese reiterada polo coidado ambiental.


Imaxe dunha dos fotografías da mostra

Fernando Páez amosa desde hoxe o seu traballo no Refectorio do Museo Provincial

Cultura 12/11/2009
  Envía a túa opinión

A fotografía de Fernando Páez cubrirá o Refectorio do Museo Provincial de Lugo nunha exposición que comeza hoxe e que permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de novembro. A inauguración de “Ás portas de Rinlo, fotografías de Fernando Páez”, prevista para as 20.00 horas, contará coa presenza de Antonio Veiga, deputado-delegado da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo; de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; do propio artista, Fernando Páez e a comisaria da exposición, Carlota Eiros.


A factura eléctrica de Rábade reducirase gracias á inciativa provincial

Rábade aforrará en gasto eléctrico gracias á contratación conxunta

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

O Concello de Rábade é un dos 30 concellos adheridos á iniciativa da Deputación de Lugo para a contratación conxunta do subministro eléctrico. O municipio chairego aprobou no Pleno unirse a esta medida do organismo provincial, pioneira en España, que lles permitirá aforrar cartos e lograr novos ingresos.


A Cea-Baile de Fin de Ano será a principal actividade do Centro Recreativo

Pequenos e maiores desfrutarán das actividades do Centro Cultural Recreativo de Vilalba para o Nadal

Sociedade 11/11/2009
  Envía a túa opinión

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba presentou o seu programa de actividades para o mes de decembro, na que haberá tempo para pasar un bo rato en familia cunha festa infantil e a tradicional Cea-Baile de fin de ano.


Os traballadores de Pascual en Outeiro de Rei ante a caravana na que se concentrarán ata o 4 de decembro

Os traballadores de Pascual iniciaron o seu peche indefinido criticando o inmobilismo da Xunta

Sociedade 11/11/2009
  Envía a túa opinión

Ás 13.15 da tarde os 15 primeiros traballadores da planta de Pascual en Outeiro de Rei comezaron o seu peche nunha caravana á veira da N-VI ao paso pola fábrica chairega. Tras unha asemblea que comezou contras as 12 da mañá, o comité de empresa de Pascual ratificou a decisión de comezar unha concentración en quendas de 24 horas e 15 traballadores para denunciar a complexa situación na que se atopan os operarios lucenses. O peche, salvo solución, ten un carácter indefinido ata o próximo 4 de decembro, que é a data da extinción dos 135 contratos que aínda restan en Pascual.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros