Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Redondela

Información da emisora Novas da emisora

A manifestación saiu da Alameda e rematou na Praza da Quintana

Milleiros de persoas maniféstanse contra as privatizacións

Sociedade 25/04/2010
  Envía a túa opinión

O mandato de Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia semella que vai ser diferente da "pax fraguiana" que caracterizou os 16 anos nos que o de Vilalba se sentou no Pazo de Raxoi. A contestación social ás políticas do Partido Popular viviu hoxe un novo episodio en Santiago de Compostela. Profesores, empregados da Sanidade, dos servizos de Bombeiros, Correos, etcétera manifestáronse ao berro de "O público é servizo, o privado beneficio". Acudiron máis de 4.000 persoas, segundo a Policia Local compostelán.


O VI Redondela en Curto estrea en Galicia “Estigmas”

Cultura 22/04/2010
  Envía a túa opinión

A VI edición do Festival de Curtametraxes “Redondela en Curto” inaugúrase ás nove desta noite no Auditorio Multiusos da Xunqueira. Os encargados de dar comezo ao evento son os actores Xabier Deive e Fernando Morán que actualmente participan na serie Matalobos da TVG. Ao escenario tamén subirá o grupo local de rap Beatus Ille e trala presentación os asistentes poderán gozar da proxección das primeiras catro curtas das 16 que participan no certame. O director do evento, Cuchi Carreira, recomendou en Radiofusión as cintas The End de Eduardo Chapero-Jackson, El encargado de Luís Moreno e O pintor de ceos de Jorge Morais. Ademais, a sección “Máis minutos” dedicada a unha ópera prima estará protagonizada pola longametraxe Estigmas de Adán Aliaga. O director estará no festival e participará nun coloquio para falar do filme, que se estrea por primeira vez en Galicia. Será no Multiusos, o sábado, ás dez da noite.



Portada do libro

Por qué non aprendo?

Sociedade 18/04/2010
  Envía a túa opinión

É o título dunha nova publicación da Editorial Galaxia escrita pola profesora e orientadora viguesa, Silvia Caride. Un manual cunha linguaxe sinxela e accesible, con vocación de servir de axuda a todos aqueles (pais,nais, profesionais do ensino, orientadores… ) que queren enfrontarse á problemática das dificultades de aprendizaxe. A autora recorre a casos concretos e á súa experiencia profesional para dar unha visión xeral dos problemas de prendizaxe, que moitas veces agochan problemas emocionais dos nenos/as.


Meaño (Pontevedra)

Un traballador morre en accidente laboral en Meaño

Sociedade 16/04/2010
  Envía a túa opinión

Un tráxico accidente laboral aconteceu esta mañá en Meaño (Pontevedra) provocando a morte dun traballador. O empregado, de 37 anos, atopábase cargando un camión nas instalacións da empresa. O conductor do vehículo non se percatou da circunstancia e deu marcha atrás, causandolle a defunción practicamente instantánea.


Citroen tamén reduciu a produción e o emprego a comezos do 2009

Citroen suprime o turno de tarde por falla de material

Sociedade 15/04/2010
  Envía a túa opinión

A factoría de Citroen en Vigo decidiu suprimir o turno de tarde desde esta mesma xornada por problemas no suministro de pezas. A fábrica quedouse sen unha peza para montar o salpicadeiro dos monovolumes e tivo que parar a liña de montaxe. Esta mañá deixaronse de fabricar 250 coches e esta tarde quedarán outros 500.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros