Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

José María Monterroso fala mañá sábado sobre Marinhas

Unha placa na Praza de Pontevedra para Marinhas del Valle

Cultura 27/02/2009
  Envía a túa opinión

Unha placa no número 17 da Praza de Pontevedra da Coruña lembrará ao escritor galeguista Jenaro Marinhas del Valle. Descubriráse ás nove desta noite dentro do Congreso organizado na cidade herculina en torno á obra literaria e política dun dos promotores da confluencia entre o galego e o portugués.


Mitin de Anxo Quintana na Coruña

Quintana esta tarde en Ourense e Zapatero mañá en Santiago

Sociedade 26/02/2009
  Envía a túa opinión

O candidato á presidencia da Xunta polo BNG Anxo Quintana intervén ás 20,15 desta tarde no pavillón dos Remedios de Ourense. O presidente do goberno José Luis Rodriguez Zapatero desprázase mañá a Galicia para apoiar a candidatura de Pérez Touriño coa súa intervención nun acto no mercado de Amio en Santiago de Compostela


Foto: Markeveleigh (www.flickr.com)

Sen ADSL e con poucos vehículos camuflados

Sociedade 20/02/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Conectándose a Internet nas cafeterías con rede wifi para conseguir información. Cada vez con menos vehículos camuflados. Esa é a situación da Garda Civil na provincia da Coruña, segundo denuncia nun comunicado a Asociación Unificada de Gardas Civís. A entidade denuncia arbitrariedade no abono de horas extraordinarias e reclama máis medios para poder traballar con motivación.


Pedro Brandaríz practica humor corrosivo

O Pedro Brandaríz máis irreverente

Sociedade 18/02/2009
  Envía a túa opinión

Pedro Brandaríz anuncia para a vindeira fin de semana un dos seus espectáculos máis irreverentes. Chámase Pai noso, Padre nuestro e versa sobre as crenzas católicas, curas, sacerdotes, abades, párrocos e monxas. Os monólogos comezarán na sala The Star de Carral, o sábado 21 de febreiro ás 23,30 horas e o domingo 22 á 1,30.


Xulio Sacristán e María Xosé Caride esta mañá

Dous millóns de euros para o centro cultural na antiga fábrica da Cros

Sociedade 12/02/2009
  Envía a túa opinión

A antiga fábrica de tostado de piritas para a produción de ácido sulfúrico Cros, situada no municipio coruñés de Culleredo, converterase nun centro cultural. Así o anunciaron a conselleira de Política Territorial, María José Caride, e o alcalde da localidade, Xullo Sacristán tras asinar un acordo segundo o cal a consellería financia o novo centro con dous millóns de euros, mentres que o Concello aporta o proxecto técnico, contratará e dirixirá as obras e encargaráse da xestión unha vez concluídas as reformas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros