Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Emisoras > Radio Culleredo

Información da emisora Novas da emisora

O transporte metropolitano da Coruña bota a andar

Sociedade 10/02/2009
  Envía a túa opinión

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou hoxe que lanzamento na área urbana da Coruña do novo Transporte Metropolitano constitúe un “avance substantivo cara á modernidade, cara á unha sociedade que progresa nunha dobre dirección, única e inseparable, do que queremos todos construír, que é unha sociedade sustentable e unha sociedade inclusiva”. O titular do Goberno galego fixo esta afirmación durante o acto de sinatura do protocolo de desenvolvemento do Transporte Metropolitano da Coruña, que protagonizaron a conselleira de Política Territorial, María José Caride, e os alcaldes de dez concellos da zona metropolitana: A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.


Os Satélites

Os Satélites, 70 anos xirando

Cultura 28/01/2009
  Envía a túa opinión

A orquestra Os Satélites cumpre 70 anos. Segue viva despois de tantos anos e o celebra coa edición dun disco recopilatorio. O representante da orquestra, Javier Saavedra, cré que siguen aí porque gustan á xente. O coidado da sección de metal, ao estilo das Big Band americanas caracterizou dende os seus inicios a esta agrupación musical.


A Confraría da Coruña denunciará a contaminación da ría ante a Unión Europea

Sociedade 21/01/2009
  Envía a túa opinión

A Confraría de Pescadores da Coruña denunciará ante a Unión Europea a contaminación que sofre a ría herculina. Desde o pósito entenden que anos de negociacións coas administracións locais, autonómica e estatal non deron os froitos desexados, polo que o vindeiro mes de febreiro acudirán á oficina do comisario comunitario de Pesca para tramitar a súa demanda. "Xa non hai marcha atrás”, asegurou en Radiofusión o seu patrón maior, Manuel Cao.


Guerrilleiros antifranquistas, combatientes pola liberdade

Cultura 15/01/2009
  Envía a túa opinión

Comeza na Coruña o Congreso sobre a Guerrilla Antifranquista que lle dá un pulo ao análise e investigación do fenómeno dos maquis, ao tempo que pretende cambiar unha imaxe equivocada fomentada polo réxime. Durante anos se vendeu que os resistentes armados á ditadura eran bandoleiros que se agochaban nos montes, pero o certo é que combatian pola liberdade e contaban con bo apoio popular e un rede de acollemento e subministro.


Lembran a batalla de Elviña

Sociedade 14/01/2009
  Envía a túa opinión

Un feixe de actos lembra esta semana a batalla de Elviña que hai douscentos anos enfrentou aos exércitos de Inglaterra e de Francia nas inmediacións da Coruña. O xoves inaugúrase unha exposición de soldadiños de chumbo e o domingo recrearáse o combate que finalizou coa morte de Sir John Moore.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros