7 comentario/s - Envía a túa opinión
Esta tarde inaugúrase, dentro da programación da festa da Coca unha mostra a través da cal se repasa a historia desta singular figura, a quen se lle atribúe a fundación da vila dos viadutos. Na exposición do Multiusos poderanse ver múltiples documentos gráficos, diferentes versións das tallas e un vídeo que poderá visionarse na sala.
Envía a túa opinión
Accidente mortal na vía do tren en Cabanas na parroquia de San Vicente de Trasmañó en Redondela. Os feitos producíronse ás sete menos cinco da mañá de hoxe cando un tren que facía o traxecto entre Pontevedra e Vigo arrolou a unha home de 33 anos de idade quen faleceu no acto a consecuencia do impacto.
3 comentario/s - Envía a túa opinión
Un grupo de militantes da agrupación política solicitan á executiva do partido que expulse de xeito inmediato a Alejandro Bastos do partido atendendo ós estatutos da agrupación nos que se regula a expulsión “cando existan indicios suficientes dalgún feito delitivo”. Así o explicou Orlando Villamayor, membro da actual executiva nacional, quen afirmou que esta decisión se adopta logo de saberse que Bastos foi condenado meses atrás por unha falta de vexacións inxustas.
Envía a túa opinión
Os populares acusan ao goberno local de “improvisar” con medidas como a zona azul. A entrada en vigor da zona de aparcamento limitada a 90 minutos no Campo da Feira conta con detractores e defensores. O delegado de tráfico Eduardo Reguera, promotor da medida, valora moi positivamente o seu resultado xa que segundo afirma “dende o seu inicio o pasado luns estase a ver unha maior rotación de vehículos nesa zona de estacionamento”.
Envía a túa opinión
Este é tan só un dos actos organizados pola asociación “Heroes de Pontesampaio 1809” e que se van desenvolver nas localidades de Soutomaior, Pontevedra e Pontesampaio durante a fin de semana. O presidente da asociación organizadora, Ramón Agulla lembraba a importancia dunha batalla que supuxo a expulsión dos franceses “hai 200 anos as tropas de Napoleón procedentes de Pontevedra en dirección a Portugal tentaban cruzar a ponte medieval e alí atopáronse coas tropas españolas comandadas por Pablo Murillo que lograron a vitoria”.