Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Emisoras > Lugo

Información da emisora Novas da emisora

Cartel da exposición

Jesús Lázare enche coa súa pintura a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos en Lugo

Cultura 05/11/2009
  Envía a túa opinión

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Cultura do organismo provincial, Antón Bao, inaugurará hoxe, ás 20.00 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a mostra de pintura “Lázare. Memorias 1994-2009”. O acto contará coa presenza da directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e do propio artista, Jesús López Lázare.


Isaac Díaz Pardo

Guitiriz renderá homenaxe a Isaac Díaz Pardo, Chairego de Honra 2009

Sociedade 04/11/2009
  Envía a túa opinión

A Igrexa de San Alberte de Guitiriz acollerá, o vindeiro sábado 7 de novembro, a homenaxe que a Fundación Manuel María e a Asociación Xermolos renderán a Isaac Díaz Pardo, que será nomeado Chairego de Honra do ano 2009. O acto terá lugar a partir das 12 horas e contará coa presenza do propio Pardo, que verá recoñecida a súa traxectoria cultural e social e o seu traballo en pro da comarca da Terra Chá.


Méndez, á esquerda, durante un acto da Deputación

A vicepresidenta da Deputación de Lugo en liberdade sen cargos

Sociedade 03/11/2009
  Envía a túa opinión

A vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, foi posta onte en liberdade sen cargos, aínda que suxeita a investigación, tras ser detida e declarar ante a xuíza encargada do caso das supostas irregularidades na contratación de obras no Concello chairego de Castro de Rei. A responsable provincial foi conducida ás dependencias policiais xunto con dous funcionarios, a técnica de emprego, Silvia Castro e o responsable de obra nova da Deputación, José Antonio Mondelo. Ambos os dous funcionarios non foron imputados por delito algún.


Imaxe dun momento da competición

O Tae kwon subiu ao tatami de As Pontes a 230 loitadores

Sociedade 02/11/2009
  Envía a túa opinión

O pasado sábado xuntáronse en As Pontes mais de 230 taekwondistas de Galicia e Portugal no Campionato Internacional de Técnica "Concello Ás Pontes", que serviu tamén de apertura para a Liga de Competición Moo Duk Kwan. Esta competición acolle a deportistas infantís e adultos, e levarase a cabo ata o mes de xuño do 2010.


O BNG reclama mais inversión para a futura autovía A-54 entre Lugo e Santiago

O BNG demanda 24 millóns de euros máis para Lugo nos orzamentos xerais do estado 2010

Sociedade 02/11/2009
  Envía a túa opinión

O BNG presentou as emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2010, onde reclaman un aumento substancial do investimento dedicado á provincia de Lugo. O partido nacionalista, por iniciativa do seu parlamentario Francisco Jorquera, pide 24 millóns de euros a maiores, xa que considera escasos os 314 que o Executivo destinará á provincia galega.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros