Envía a túa opinión
A vila albergará a terceira edición da Ruta BTT Terras de Cedeira, organizada polo Club Ciclista Punta Candieira co patrocinio
do Concello. Será o día 26 deste mes, con punto de partida nas instalacións que a entidade deportiva ten nas inmediacións do campo de fútbol municipal.
Envía a túa opinión
A Casa da Cultura e o campo municipal de fútbol de Neda- A Coruña- serán escenarios dun curso sobre “Adestramento de porteiros” unha actividade, que se celebrará o próximo día 25 desde as 10,30 horas. A Asociación Galega de Porteiros e Adestradores de Porteiros, en colaboración co Concello de Neda, organiza este mes a charla “O adestramento do porteiro: Da realidade competitiva á práctica cotiá”. Celebrarase o día 25, desde as 10,30 horas, na Casa da Cultura.
Envía a túa opinión
Arredor de seiscentos rapaces e rapazas participarán na Milla Escolar do Concello de Fene que se celebrará o domingo 26 de maio na Avenida do Mar en San Valentín. Repartiránse medallas a todos os participantes e trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.
Envía a túa opinión
O Perlío xogará o primeiro partido de Copa en Cedeira. Farao o venres festivo, o 17 de maio, por acordo dos dous equipos. Gonzalo Beceiro empeza a compatición cos gañas pero con moita incertidume.