Envía a túa opinión
O prazo de presentación de imaxes ao Terceiro Certame de fotografía da Festa do Cabalo de Magalofes rematará ás 14 horas deste venres. Ainda se poden presentar as persoas que sacaran fotos o pasado domingo no transcurso da vixésima edición da Festa do Cabalo, celebrada en Fene (A Coruña).
Envía a túa opinión
O cabalo Tordo de Armando Permui gañou a proba de arrastre celebrada este mediodia no marco da XX Festa do Cabalo de Magalofes (Fene). Foi o que máis distancia arrastrou durante 5 minutos un peso de 900 quilogramos de area. Un sol de xustiza luceu durante todo o dia e animou a numerosos visitantes a achegarse ao recinto da campa das Queiras.
Envía a túa opinión
Os romanos dician que o cabalo de pura raza galego era moi apto para a guerra. Tamén cumpre as funcións do traballo no campo e para a monta. A alzada do cabalo de pura raza galego non debe superar 1,48 metros, segundo o xuiz da Festa do Cabalo de Magalofes Agustín Sarmiento, quen salientou a importancia de recuperar o cabalo de pura raza galega.
Envía a túa opinión
Un sol de xustiza preside esta mañá a Festa do Cabalo que se celebra en Magalofes (Fene A Coruña). A festa cumpre 20 anos e espéranse arredor de 10.000 cidadáns ao longo do dia. Os concursos de beleza e estampa, exhibicións de doma de alta escola, doma vaqueira e as carreiras de cabalos, prolónganse ata última hora da tarde. Na campa das Queiras abren desde primeira hora establecementos de polbo, churrasco e de todo tipo de produtos relacionados co cabalo.