Envía a túa opinión
Debido a presenza de zonas de arsenopirita semimasiva na área mineira de Corcoesto as concentracións de arsénico en rochas chegan a superar en 50.000 veces a media da corteza terrestre e nos solos superficiais poden superar ata 400 veces os niveis de solos non contaminados.Coincidindo case coa Declaración de Impacto Ambiental positiva que a Consellería de Medio Ambiente acaba de outorgar á explotación mineira de ouro pola compañía canadiana Edgewater Corporation, a SGHN ven de ter acceso a un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns que aínda non estaba publicado na data das alegacións presentadas por SGHN ao dito proxecto mineiro. A sua explotación destruiría unha zona cuxa extensión ven ser como 700 campos de futbol xuntos.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Unha oliveira de maís de 180 anos de idade pode contemplarse nunha finca ubicada no camiño do Inferniño, no barrio das Foxas en Fene. Outra sobrevive na Finca de Cela (planeta dos olores do parque A Galaxia Imaxinaria) e unha terceira medra frondosa ao pé da Casa do Concello.
Envía a túa opinión
Un carballo australiano ou “grevillea robusta” medra ao pé da enfermería de Navantia Fene. É unha árbore moi rara por estas latitudes. Plantouna hai 50 anos o señor Manuel das Foxas. Dous troncos brotan a medio metro do chan, con 11 metros de altura, a copa dun diámetro de 12 metros e un perímetro de tronco de 1 metro.
Envía a túa opinión
Arredor de 200 anos de edade pesan sobre o grupo de 7 carballos que ofrece sombra ao campo da festa de Maniños (Fene A Coruña). Oscilan entre os 17 e os 26 metros de altura, cun perímetro de tronco que vai dende os 2,26 aos 3,52 metros. Constituen unha referencia comarcal. O perito agrónomo Antón Muñiz califica ao carballo como “arbore nacional galega, e constitue o último chanzo da evolución do clima atlántico da comunidade”.
.