Publicidade 100% galegas
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 23 de Maio de 2013

Programas > Patio de butacas

Información do programa Novas do programa

O director austríaco

Amour, de Haneke, mellor película de fala non inglesa

Sociedade 25/02/2013
  Envía a túa opinión

Amour, de Michael Haneke, leva o Óscar 2013 á mellor película de fala non inglesa. O filme do austríaco é unha película precisa, arriscada, que concentra a fraxilidade do ser humano nunha parella de anciáns que afrontan como poden a enfermidade dela (impresionante o traballo de Emmanuelle Riva).


Kiko Cadaval foi un dos galardoados na edición de 2011

O teatro galego prepara a entrega dos Premios María Casares

Sociedade 27/02/2012
  Envía a túa opinión

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) prepara, un ano máis, Premios de Teatro María Casares, que acadan a súa XVI edición. Un total de 261 profesionais, de 28 compañías e 30 espectáculos distintos, son candidatos nestes galardóns. Este xoves 1 de marzo terá lugar a Festa dos Nomeados, na que se coñecerán os finalistas nas distintas categorías. A cita será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns (Ames), ás 20:00 horas.


Paper Dolls

Unha reflexión sobre o universo feminino

Cultura 15/02/2012
  Envía a túa opinión

Inversa Teatro convida a reflexionar sobre o universo feminino na súa proposta Paper Dolls. O silencio das damas, a cuarta produción da compañía pontevedresa que poderá verse este venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A carteleira do espazo do Centro Dramático Galego (CDG) amosa nesta ocasión un proxecto peculiar e experimental, xa que consta dunha obra de teatro e máis dun documental (Paper Dolls.doc) sobre o propio proceso de creación da peza teatral e que se proxecta ao final da representación.


Cartel de Kungfundidos en Narón

“O Mosteiro dos homes silenciosos que andan nas puntas dos pés”

Cultura 07/11/2011
  Envía a túa opinión

Humor, música e kung-fu son os ingredientes que conforman “Kungfundidos”, a nova producción de Bucanero na que dous mestres shaolíns un tanto peculiares tratan de dar un xiro á súa vida e seguir o bo camiño da doutrina dos “homes silenciosos que andan nas puntas dos pés”.

1 -2 -3 -
Publicidade

Axenda

Enquisa

Quen son os culpabeis da crise económica?
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros