Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Decembro de 2017

Programas > Encontros co Patrimonio

Información do programa Novas do programa

A Muralla símbolo da relevancia de Lucus Augusti

A muralla, símbolo de Lucus Augusti

Cultura 25/10/2015
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Talvez o monumento máis fascinante de todo o noso país, e o símbolo universalmente recoñecido da egrexia cidade que foi Lucus Augusti e que hoxe é a capital de Lugo. Universalmente admirada porque dende o ano 2000 a UNESCO incluíuna na listaxe dos momumentos que por todo o planeta son considerados Patrimonio da Humanidade. Máis de dous quilómetros de circunferencia cinguen a contorna do casco histórico, un espazo cheo de abondosos vestixios da época romana, moitos deles xa musealizados. Pero non hai museo capaz de acoller un prodixio de enxeñaría como a Muralla. O cinto que envolve o carozo de Lugo coñéceo como poucos o historiador Adolfo de Abel Vilela, autor de publicacións fundamentais sobre o monumento, e que é o mellor guía que podemos imaxinar para coñecermos no presente unha historia de miles de anos. Con el paseamos pola única fortificación romana do seu tipo que conserva íntegro o seu percorrido.


Ferreiros de Riotorto na década de 1930

A férrea resistencia ao tempo das forxas de Riotorto

Cultura 07/11/2014
  Envía a túa opinión

En tempos foi industria, hoxe é artesanía, pero o que non mudou en Galicia, malia o paso dos séculos, foi que “ferro” e “Riotorto” medraron como sinónimos, converténdose o oficio de “ferreiro” case que no xentilicio desta localidade nororiental de Lugo. A relación do lugar co metal está datada dende ben antigo. Os primeiros restos históricos no territorio que ocupa o municipio corresponden á época castrexa e baixo a súa terra foron achados múltiples obxectos de ouro e bronce, destacando entre todos eles o torques de Riotorto, fabricado entre os séculos III e I antes de Cristo. Hoxe Riotorto e a súa contorna conforman o maior núcleo ferreiro do Norte da Península, pero non só polos vestixios e as lembranzas que aínda se conservan, senón tamén por aqueles que continúan o oficio. Para saber máis, Encontros co Patrimonio falou cun destes artesáns, o secretario da Asociación de Ferreiros, Ángel Villada.


Vista da imponente abadía, co maior claustro do Estado

A Abadía de Samos, unha hospedaxe para o camiñante e para o patrimonio

Cultura 24/10/2014
  Envía a túa opinión

Guiados polo sons das campás chegamos até moi preto de Sarria, seguindo o curso do río Oribio. E ao igual que nós, moito antes pasaron por este lugar xentes de toda procedencia, pobos que foron e que xa non son, persoas que tanto quixeron atopar refuxio como coñecemento. Estamos en Samos, onde xa no século VI, da man de San Martín de Dumio, decidiron construír o seu fogar os primeiros relixiosos que fundarían o Mosteiro de Samos. Encontros co Patrimonio visitou este monumento único da man do seu mellor coñecedor, o prior da Abadía, José Luís Vélez.


Fachada do Museo do Mar de San Cibrao

Traballo, cultura e identidade da Mariña gárdanse no Museo do Mar

Cultura 13/10/2014
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O Museo Provincial do Mar, pertencente á Rede Museística de Lugo, abríu as súas portas en San Cibrao en 1969. Nas súas salas pódese navegar pola tradición mariñeira da provincia, atendento aos pequenos detalles, como os instrumentos de navegación, e tamén aos grandes, tan grandes como as baleas, durante séculos as pezas máis cobizadas para a frota. O espazo radiofónico Encontros co Patrimonio, patrocinado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, visitou este Museo do Mar coa axuda da vixilante guía e responsable de didáctica desta instalación, Ángeles Miguélez. Ángeles, que ten discapacidade visual, destacou como o proxecto de musealización do centro ten en conta en todo momento a accesibilidade para que todos os visitantes poidan gozar das súas mostras.

1 -2 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros