Envía a túa opinión
O paro en Portugal alcanza o 15,7%, segundo os dados publicados esta semana polo Eurostat. En España chega ao 25,1%, aumentando caseque 2 puntos con respeito ao 23,5 que se rexistraba en xaneiro. En Francia o paro é do 10,3%.A taxa de desemprego dos portugueses é a máis alta das coñecidas, incrementandose 3,3 pontos porcentuais desde xullo de 2011.
Envía a túa opinión
O festival de Paredes de Coura cumpre 20 anos derrubando valos e muros de incomunicación entre Galicia e Portugal. Comezan ás últimas 48 horas dunha cita de convivencia de música e natureza. Neste xoves, abrirá o lume musical Mizzi Band, ás 15,30 horas no palco adicado ao jazz.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Cabo Verde conmemora este xoves 5 de xullo a súa independencia, acaecida en 1975. O evento chega dias despois das eleccións locais celebradas o pasado domingo e que concluiron cunha vitoria do conservador MPD fronte á socialdemocracia do PAICV.
Envía a túa opinión
O Bloque Nacionalista Galego lamenta profundamente o pasamento de Miguel Portas, quen faleceu onte 24 de abril no hospital de Antuerpia (Flandes). Eurodeputado do Bloco de Esquerda (BE), xornalista e fundador do Bloco de Esquerda, miguel Portas foi activista contra a dictadura portuguesa dende a súa mocidade, o que lle acarreou pena de prisión.