Envía a túa opinión
Os primeiros títulos de KALANDRAKA BRASIL xa están nas librarías, bibliotecas e fogares dese país, e pronto chegarán tamén ás escolas: “Grão de milho”, da galega Olalla González e do suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger, “A zebra Camila”, dos galegos Marisa Núñez e Óscar Villán, “O leão Kandinga”, do camerunés Boniface Ofogo e da zaragozana Elisa Arguilé, e as dúas obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, “Perto”, da arxentina Natalia Colombo, e “Um grande sonho”, do mexicano Felipe Ugalde.
Envía a túa opinión
Choran e se cabrean. Ao menos iso pasoulle a Fiuk, músico e actor do Brasil que reaccionou nas redes sociais, aos improperios que lle lanzou un adolescente brasileiro. O xove Filipe Neto convertiuse, grazas á polémica, nunha auténtica celebridade e o seu perfil conta xa con máis de 300.000 seguidores. O adolescente gravou videos falando de celebridades. Nun deles inclue a definición de "Fiukar" como o "acto ou efecto de actuar como un auténtico retrasado, para engañar a un montón de adolescentes tamén retrasados a fin de deixalos cos muslos mollados, pensando que eles son amados por un ídolo".
2 comentario/s - Envía a túa opinión
O Prémio Portugal Telecom de Literatura en Língua Portuguesa ven de facer pública a relación das 54 obras seleccionadas como semifinalistas do premio. Entre elas figuran nomes de escritores de sona como José Saramago (“Caim”), António Lobo Antunes (con duas obras:”O meu nome é legião” e “Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar?”), Mário Cláudio ("Boa noite, Senhor Soares") e Maria Teresa Horta (“Poemas do Brasil”).
1 comentario/s - Envía a túa opinión
Jane Monheit é norteamericana, pero comezou a camiñar pola música de jazz aos 2 anos de edade. Aos 17 anos mergullouse nos estudos de música, fidel á súa tradición familiar. Hoxe é unha das máis respetadas figuras da nova xeneración de vocalistas de jazz nos Estados Unidos. Confesa a súa paixón por Brasil.