Envía a túa opinión
As conmemoracións civís do 25 de xullo sucédense dende hai case un século con moitos atrancos polo medio. O silencio imposto polo réxime franquista exiliou a exaltación nacionalista. Non obstante, un dos episodios máis significativos desta historia de celebración naceu deses obstáculos. O Centro Galego de Bos Aires festexou o Día de Galicia en 1948 co que sería o último discurso en público e colofón das páxinas que Castelao escribiu para debuxar o país. Trátase de Alba de Groria, un texto que nunca perde actualidade. Mesmo foi obxecto de polémica durante a presente lexislatura pola deturpación que do mesmo fixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao citalo nun debate parlamentario. Por motivos non esclarecidos, Feijóo recuperou o Alba de Groria nunha tradución ao castelán feita por Blanco Amor, o que motivou as queixas da oposición, tal é a importancia que se lle atribue a este último discurso do rianxeiro.
1 comentario/s - Envía a túa opinión
A Internet en galego está hoxe, 24 de xullo do 2010, de loito. Nesta xornada anuncian o seu peche dous dos sitios web máis emblemáticos e pioneiros da blogosfera galaica. Tanto Vieiros como chuza coinciden neste dia en despedirse dos seus moitos seguidores. Os internautas en lingua galega quedamos desde hoxe un pouco máis orfos.
Envía a túa opinión
En xullo de 1975 os EEUU e a URSS comezaron o proxecto Apolo -Soyuz, primeira experiencia de colaboración no espazo despois de anos nos que a guerra fría tamén alcanzaba á carreira espacial. Era unha iniciativa insólita para a época e non se volvería a repetir ata a desaparición da Unión Soviética. En España ainda se vivía na dictadura de Francisco Franco, mentras se miraba con envexa ao Portugal libre da revolución de abril.
Envía a túa opinión
Nelson Mandela naceu en Mvezo o 18 de xullo de 1918. Fíxose avogado en 1942. Adicou toda á súa vida á loita contra a discriminación racial. Na clandestinidade, no exilio ou no cárcere logrou convertirse en símbolo da pelexa contra a inxustiza.