Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Higher Street

Información do programa Novas do programa

Higher Street 1069

Higher Street 1069

Cultura 12/06/2018
  Envía a túa opinión

Edición 1069 de Higher Street, seleccionada por Dj Conga. Na primeira parte, o soul dos Devonns de Chicago, a fusión cos beats de Children Of Zeus, a experimentación de De'Anza, unha nova delicadeza de Jonny Drop e un remexo dos sorprendentes Uniting Of Opposites. Despois da metade, subimos beats primeiro con K15 e a súa combinación de UK breaks con jazz, a colaboración de J-Felix con Emeson, o remexo de Zed Bias sobre a nova produción de Nonames e un remate en clave deep house co francés Emilie Nana


HIGHER STREET 1068

Combina investigación electrónica, mesturas vangardistas e folclore experimental

Cultura 05/06/2018
  Envía a túa opinión

Edición 1068 de Higher Street, seleccionada por Dj Conga. Na primeira parte, especial Sudan Archives, alter ego da productora, vocalista e violinista de Cincinatti Brittney Denise Park, agora radicada en Los Angeles, e que a pesar da breve traxectoria que leva xa ten o seu lugar no panorama contemporáneo a través do selo Stones Throw. Combina investigación electrónica, mesturas vangardistas e folclore experimental, tanto no seu EP debut (homónimo) como no seu recente "Sink". Na segunda parte, novidades musicais de alto ritmo, dende o novo sinxelo do australiano Sampology, pasando polo white label número 22 de Soulection a cargo de Jared Jackson, ata chegar á presentación do novo traballo de arqueoloxía sonora de Jamie 3:26, "Taste of Chicago", co sinxelo que contén dúas potentes pezas clásicas das pistas de baile mais candentes


Higher Street 1067

Higher Street 1067

Cultura 29/05/2018
  Envía a túa opinión

Edición 1067 de Higher Street, seleccionada por Dj Conga na que atopamos unha primeira parte adicada a un traballo histórico elaborado polo Contemporary Jazz Quintet e recén publicado por BBE.



Higher Street 1065

Higher Street 1065

Cultura 15/05/2018
  Envía a túa opinión

HS1065

Edición 1065 de Higher Street, seleccionada por Dj Conga e adicada a novidades de moi diferentes estilos, comezando polo jazz vangardista de Otis Sandsjö para seguir cunha escolma do álbum recén publicado de Potatohead People; a continuación, novidades de The New Mastersounds, Resonators, Quantic y los Míticos del Ritmo, Noon, Lack Of Afro, Nicola Conte e Flowdan


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros