Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Lionel Messi

Os egos dos futbolistas de élite

Sociedade 17/01/2018
  Envía a túa opinión

“Unha cousa é non caer nos caprichos e nos egos dos futbolistas de élite, nos moitos intereses económicos e comerciais, e outra é desoir permanentemente as súas necesidades” afirma o psicólogo José Barcia que tamén suliña: “Son persoas moi xoves e viven dentro dunha burbulla e é un erro non escoitar as súas necesidades".


Borja Pico, do club Btt de Fene

Ampla participación na V Ruta Btt Sendeiros de Fene

Sociedade 13/10/2016
  Envía a túa opinión

Poucas horas faltan para pechar o prazo de inscrición na quinta ruta BTT Sendeiros de Fene. Duascentas corenta persoas xa se apuntaron na proba. Poden facelo ata as doce desta noite. Os ciclistas sairán ás nove da mañá do domingo do polideportivo de San Valentín. Percorrerán a zona urbana e logo dirixiránse a Magalofes, Sillobre, as ribeiras do Belelle ata finalizar no coto do rei no cumio do Monte Marraxón.


O Maniños de futbol 8

O Maniños feminino quere a copa e vai por ela

Sociedade 31/05/2016
  Envía a túa opinión

O Maniños feminino de Futbol 8 sigue enganchado á Copa, con tanta ilusión,  que o técnico Miguel Paredes non descarta que o próximo domingo na Malata venzan ao Racing de Ferrol no partido de semifinais. Elas están decididas. O Racing gañoulles a Liga por iso queren que a copa vaia para Maniños. O encontro xógase o domingo ás 13.00h.


Xavier Trías en Radio Fene

Se alguén cometeu irregularidades, debe pagar, afirma Xavier Trías

Sociedade 01/11/2015
  Envía a túa opinión

“Se alguén cometeu algunha irregularidade, terá que pagar por iso e Convergencia Democrática de Catalunya non intentará escapar de responsabilidades” afirma o ex-alcalde de Barcelona Xavier Trías, actual presidente do grupo municipal de CDC na capital catalana.  “Pero o que está a pasar estes dias é unha cousa insólita, porque algúns medios de comunicación adiantan os próximos pasos da xustiza ou da policia, e iso provoca un linchamento público sorprendente” suliña Trías.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros