Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Celso Posada, David Rodriguez e Alexandre Carrodeguas en Radio Fene Radiofusión

Cómo ser conservador e non ser reaccionario

Sociedade 21/06/2018
  Envía a túa opinión

"O canastro sen tornarratos" é unha síntese conceptual que ilustra o paso dunha sociedade agraria a unha inserida nos fluxos de capitais globalizados sen restricións nen devasas, tanto políticas como culturais. Sobre este libro de David Rodriguez, publicado por Xerais, falamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.


Ánxela Loureiro, Esther Val, Henrique Sanfiz e Andrés C.M.Riveira

Ánxela Loureiro: “Para mín, a solidariedade é un valor moi importante”

Sociedade 14/06/2018
  Envía a túa opinión

RaMona protagoniza o conto “Choiva de rás” de Änxela Loureiro,publicado por Xerais.O batracio ten unha persoalidade algo toleirona pero que cambia ao longo da historia. É diferente pero ao remate logra que se lle respecte.  A historia comeza na choiva de rás, o momento que se produce unha vez ao ano, no que todas as rás se xuntan para levar os ovos á lagoa. “Unha das rás non quere ser nai” afirma a escritora. “É un relato para crianzas pero con certa intriga e tamén con humor” conclue Loureiro.


Miguel Anxo Fernán Vello, Matilde Castro, Carlos Lixó e Eduardo Estevez. Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

Carlos Lixó: “Por esas corredoiras brincaron nenos libres”

Cultura 07/06/2018
  Envía a túa opinión

“O libro fala das cousas que se acaban, de asuntos que se van pechando, nada é novo” afirma o escritor Carlos Lixó, autor de “As Casas”, libro premiado co Pérez Parallé 2017. Incluense 27 poemas de tensión entre o pasado e o presente. Miguel Anxo Fernán Vello, Matilde Castro, Eduardo Estevez e Henrique Sanfiz conversaron co poeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela.


Ánxela Gracián, Esther Val, Laura Rodriguez, Henrique Sanfiz e Andrés C.M.Riveira

O poder cautivador de María Victoria Moreno

Sociedade 31/05/2018
  Envía a túa opinión

“A voz do lobo Garimoso e a maxia de María Victoria Moreno foinos engaiolando” afirma Ánxela Gracián, autora do libro “Doce cartas a María Victoria Moreno”. A editora de Hércules Laura Rodríguez tamén coincide no poder cautivador da escritora á que se lle adicou o Dia das Letras Galegas de 2018.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros