As mulleres de Barallobre, Maniños e Perlío pararon o tren a Ferrol en marzo de 1918. Como parte das denominadas "revoltas da fame" asaltan un ferrocarril que levaba trigo e leite entre outros produtos de primeira necesidade. Os acaparadores non respetaban os prezos oficiais marcados e vendían para facer negocio. Iso provoca a indignación cidadán nuns sucesos que rematan, ao menos, con sete mortos e coa declaración do estado de guerra.
O máis grande de Galicia non se maltrata. Ë a muller o máis grande de Galicia? A campaña da Xunta para o 25 de novembro ven con polémica. No cartel para o Dia contra a Violencia Machista, do que se distribuirán 35.000 copias por todas as vilas e cidades galegas, aparecen tres mulleres erguéndose como xigantes sobre monumento simbólicos galegos, como a Catedral de Santiago, a Muralla de Lugo, a ponte de Ourense e a Torre de Hércules da Coruña.
“As nubes poden axudarnos a pronósticar o tempo, as arrugas das sabas debuxan un mapa de emocións” afirma Carolina del Olmo, unha das artistas participantes dun proxecto colectivo para reflexionar en torno as viaxes. Del Olmo fala dunha viaxe máís íntima, da viaxe interior, do subconsciente.
“As obras feministas non son só para mulleres” advirte a empresaria Patricia Porto, quen lidera o proxecto cultural Lila de Lilith. Libraría, espazo de eventos e pequena editorial con sede en Santiago o proxecto presentará a axenda feminista 2016 en Pontevedra. Elas na ciencia leva por título este traballo desenvolvido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e que será presentado este sábado 5 ás 19 horas no Espazo Libro do Culturgal 2015.