Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

A ría de Ares Pontedeume vista desde Cabanas

A pastelería, a retórica da cociña

Sociedade 31/12/2017
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A pastelería é á cociña, o que as figuras literarias son ao discurso. É a vida e o adorno. Unha arenga sen retórica e unha comida sen pastelería serían igualmente insípidas. Do postre fálase durante seis meses, e convírtese en modelo exemplar. É groria que moitos pretenden pero moi poucos consiguen.


Castiñeiro do Hospital no Incio

O tempo das castañas

Sociedade 30/11/2017
  Envía a túa opinión

Mentras non chega o inverno ainda é tempo de castañas. Os magostos, a festa tradicional da recollida dos froitos,  concentranse entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.  As castañas pódense comer cruas, fervidas, asadas ou doces. Aportan calorias, proteinas e vitamina C. A castaña préstase a multitude de preparacións tanto doces como salgadas, segundo Belika Acien, autora do libro “Castañas y fogones”. A castaña atesoura un alto valor nutritivo, acelera o crecemento e calcificacións dos ósos. Son boas para  enfermos de próstata e con transtornos menopaúsicos. Pola contra están contraindicadas para persoas con problemas dixestivos e para obesos.


Fotografía Soledad Felloza. Páxina www.manuelgago.org

Un visionario buscando sabores

Sociedade 20/11/2017
  Envía a túa opinión

A espectacular gastronomía de Santiago de Compostela xa adquiriu sona na Edade Media. A variedade da súa oferta culinaria é espectacular, pero hoxe detémonos nun dos nosos preferidos. Un visionario, un innovador, sempre buscando sabores, preparacións e sorpresas a partir dunha materia prima de máxima calidade. Marcelo Tejedor fálanos de gastronomía e de hostelería.


Coellos con cogumelos

Coello con cogumelos, unha proposta diferente

Cultura 06/09/2014
 23 comentario/s - Envía a túa opinión

O chef Adrián González recoméndanos Coello con cogumelos, un prato diferente, rico, enerxético, saudable e moi apropiado para a época do outono que se achega. Fainos falla un coello en pezas, unha bandexa de cogumelos, 1 cabeza de allos, 1 folla de loureiro, 2 vasos de viño branco e 1 fondo escuro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros