Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Leticia Fernández

Leticia Fernández faise con outro ouro no Campionato de España Xuvenil de Seleccións Autonómicas

Deportes 05/06/2009
  Envía a túa opinión

Un sétimo posto para o combinado feminino e o noveno para o equipo masculino é o resultado da participación da selección galega que tomou parte no Campionato de España Escolar de Seleccións Autonómicas na categoría xuvenil, que se vén de celebrar en Avilés, e no que Cataluña dominou en ambas categorías. Cun total de tres medallas, hai que destacar o ouro en 1500 metros para Leticia Fernández, do Ourense Academia Postal, actual campioa de España da distancia tanto en pista cuberta como ó aire libre, cun rexistro de 4.45.53. Prata para Sonia Beceiro, en 100 metros valos, cun tempo de 14.94 e bronce para Ana Domínguez, que lanzou a xavelina a 39.28 metros, lonxe do seu mellor marca de 46.56 metros coa que encabeza o ránking nacional da categoría.


Cartel da VIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Os nenos convértense en protagonistas da VIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña

Deportes 04/06/2009
  Envía a túa opinión

A Volta á Provincia da Coruña deu comezo hoxe en Padrón, organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Deputación da Coruña. Mañá, empezará e finalizará en Ordes e terá un percorrido de 139 quilómetros. A terceira e última etapa, de 127 quilómetros, desenvolverase o sábado. A saída neutralizada estará en Fene e a meta nas Pontes. En total, participan neste evento 133 corredores e 19 equipos: sete galegos, sete estatais, catro portugueses e a Selección de Uruguay. En cada unha das etapas, o Club Ciclista de Cambre organizou para os rapaces xincanas e carreiras para que se sintan parte desta proba ciclista.


Rapaces xogando aos pelouros

Os xogos tradicionais, unha oportunidade para o encontro interxeracional

Deportes 03/06/2009
  Envía a túa opinión

Silleda acolleu este sábado o cuarto Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, organizado pola Rede Galega do Xogo Tradicional, Brinquedia. Un evento no que participaron ao redor de 800 escolares de 17 centros de todo o país. O acto prolongouse durante toda a xornada, que principiou ás dez e media da mañá e que ofreceu aos máis novos e a maiores, distintos espazos para a práctica e exhibición de diferentes xogos tradicionais.

 


Centos de galegos practican o silvestrismo

O silvestrismo, unha disciplina en auxe en Galicia

Deportes 02/06/2009
  Envía a túa opinión

Ducias de paxaros foron os protagonistas do XV Campionato de España de Silvestrismo, celebrado esta fin de semana en Seseña, Toledo, coa presenza dun gran número de afeccionados. Houbo representantes de Andalucía, Aragón, Castela - A Mancha, Castela e León, Ceuta, Cantabria, Comunidade Valenciana, A Rioxa, Madrid, Murcia, País Vasco e Galicia. Os nosos representantes nesta edición non conseguiron subir ao podio, que estivo liderado polos representantes do sur do Estado, que gozan de mellores condicións meteorolóxicas, propicias para a práctica desta disciplina.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros