Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Zona Verde

Información do programa Novas do programa

Carballos no campo da festa de Maniños

As árbores senlleiras de Fene

Sociedade 22/10/2011
  Envía a túa opinión

As árbores senlleiras de Fene e comarca centrarán a nova andaina do programa de Radio Fene, “Zona verde”. O xardiñeiro Antón Muñiz, dará conta, nesta tempada, dos exemplares máis ornamentais, antigos e históricos enclavados no término municipal. A pesares de non estar ningún incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, hai unha ampla variedade de árbores que pola súa singularidade podían atoparse nesta prestixiosa listaxe, asegura Muñiz.


fenecom.blogspot.com

Os humedais, zona de riqueza bioclimática

Sociedade 21/08/2011
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

A fraga situada nos Pinares en Perlío é unha das zonas húmidas de Fene. O perito agrónomo Antón Muñiz salienta igualmente pequenas áreas que se poden considerar humedais nas ribeiras dos ríos Belelle, Magalofes e Cádavo. Tamén as inmediacións do Colexio e do paseo marítimo de San Valentín ainda conserva o nome de Xunqueira.


Exemplar de “buxus balearica”

O parque Eduardo Blanco Amor en Magalofes

Sociedade 27/07/2011
  Envía a túa opinión

O parque Eduardo Blanco Amor en Magalofes sitúase nunha das zonas máis rurais do Concello de Fene. Nunha contorna arborada, presenta unha situación privilexiada de paso na estrada que vai do Pedrón á Fontenova. 2 cedros con certo porte dan sombra a unha fonte de manantial, que conduce á auga nun percorrido zigzagueante. Ao pé do xardín Blanco Amor, un lavadeiro ou río de lavar, ainda da servizo aos veciños e veciñas da zona.


Camelia do camiño da Vrea en Maniños (Fene A Coruña)

A antigüedade da camelia da Vrea en Maniños

Sociedade 17/07/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A camelia da Vrea en Maniños é unha das árbores de especial interese en Fene, pola súa idade, que se calcula supera os 200 anos. Pero hai outros exemplares salientabeis pola súa rareza botánica ou pola súa historia e significado colectivo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros