Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Os representantes do Sindicato Labrego informaron das súas accións en rolda de prensa

O Sindicato Labrego manifestarase mañá diante da Consellería de Medio Rural

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

O Sindicato Labrego Galego anunciou a “suspensión provisional” das accións contra os camións de Leite Río. Grupos de gandeiros baleiraron onte 4 cisternas da empresa e a dirección da compañía ameazou con deixar de recoller o leite no caso de que se producise un novo ataque. Así as cousas, desde o sindicato anunciaron que de momento pararán o boicot, pero non as protestas, xa que, segundo aseguran, non van “ceder ás chantaxes do empresario Jesús Lence”. A seguinte acción prevista consiste nunha manifestación que se celebrará mañá diante da Consellería do Medio Rural co obxectivo de reclamarlle ao Goberno galego que defenda aos produtores.


Imaxe da acción desenvolvida contra unha cisterna de Leite Río esta mañá en Santa Comba

Grupos de gandeiros volven baleirar camións de Leite Río

Sociedade 25/05/2009
  Envía a túa opinión

Os cortes nas rutas de recollida de Leite Río, a implicación do goberno central no Expediente de Regulación de Emprego de Leche Pascual, os cambios no calendario de mobilizacións ou a reunión dos representantes do ministerio do Medio Rural coas asociacións de distribución. O programa Onda Rural recolleu distintas novas relativas á actualidade do sector lácteo.


A idea de crear unha marca para o leite galego provoca reaccións diversas no sector

Sociedade 21/05/2009
  Envía a túa opinión

Crear unha marca propia e identificativa do leite en Galicia. Esta é a proposta que o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, expuxo no Parlamento Galego. Unha idea que suscitou as máis diversas reaccións, desde apoios a críticas, pasando por unha escala de grises. O programa Onda Rural recolleu as opinións arredor deste asunto.


Exemplares de porco celta

Os veciños dunha parroquia do Incio montan unha cooperativa para criar porcos celtas en liberdade

Sociedade 20/05/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

No concello lugués do Inicio, os veciños dunha parroquia decidiron unirse para pór en marcha un proxecto pioneiro: unha cooperativa de porco celta. Os animais críanse e aliméntanse en liberdade, para así garantir a mellor calidade da súa carne. O programa Onda Rural coñeceu esta iniciativa a través das palabras dun dos seus impulsores, Carlos Gallego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros