Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Club de lectura

Información do programa Novas do programa

Aaron Martínez, Pablo Díaz, Ana Santiago, Mariola Fresco e Loly Lago

Algúns case sempre insultaban aos máis febles

Cultura 26/01/2017
  Envía a túa opinión

“Cando eramos pequenos, había algúns que case sempre insultaban aos máis febles”. “Na infancia moita xente utilizaba os insultos con frecuencia e nós non lle dábamos importancia”. Son palabras de Aaron e Pablo, alumnos de 2º da ESO do IES Fene falando do acoso escolar a partir do libro de Ledicia CostasO corazón de Xúpiter”.


María Puentes, Cristina Acevedo, Antón Pena e Fran Martinez do club de lectura do colexio Centieiras

As guerras son os enterros

Sociedade 26/12/2016
  Envía a túa opinión

As guerras son os enterros e enterranse as virtudes das persoas, convertindose en bestas, en seres inhumanos, afirmaron no club de lectura de Radio Fene arredor do libro “La guerra no tiene nombre de mujer” de Svetlana Alexievich. O volume narra os sentimentos das mulleres rusas na Segunda Guerra Mundial. Non se fala das grandes batallas, actos heroicos, tomas de cidades senón das vivencias, dos sentimentos experientados entre a xente que combate, nas tropas da Unión Soviética que resistía á invasión nazi. Léronno no Ceip Centieiras de Perlío.


Esther Val, Andres CM Ribeira, Eugenia Sanmartín, Karlotty e Cristina Fernández

A poesía deféndenos do descalabro do poder

Sociedade 26/12/2016
  Envía a túa opinión

Unha voz poética empeza sendo individual pero ten que ser colectiva para lograr significación. Un poeta detense, escribe un poema sobre unha pedra e xa se transforma nun obxecto poético. “Cando a sintes por dentro, ves poesía en calquera cousa e aprendes a ver a beleza no obxecto máis pequeno”. Son reflexións da xente do club de poesía de Ferrol.


Club de lectura do IES Fene en Radio Fene

Unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz

Sociedade 22/12/2016
  Envía a túa opinión

“Queríamos facer a nosa pequena homenaxe a un dos grandes da literatura galega, Agustín Fernández Paz” afirma Loly Lago, dos clubs de lectura do IES de Fene. A súa novela Cartas de inverno ten versión en narrativa clásica e tamén en banda deseñada con debuxos de Antonio Seijas. “Agustín sabe como capturar a paisaxe galega e é un experto na comunicación coa xuventude”. “É unha novela entretida, que engancha e divirte”. “É unha historia moi próxima, con pinceladas para que ti poidas profundizar en varios temas”. Son algúns dos comentarios sobre a novela de Agustín.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros