Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

Frida Kahlo, a paixón pola vida

Sociedade 06/07/2010
  Envía a túa opinión

Frida Kahlo amosou dende pequena a súa gran persoalidade e o seu esforzo e empeño vital para sobrepoñerse ás dificultades. Unha poliomielite afectouna aos 6 anos, pero ela loitou non só pola súa vida, senón pola integridade emocional ao ter que convivir coas secuelas físicas da doenza. Esta muller logrou convertirse nunha icona representativa da súa cultura, do seu pobo e da loita polo cambio social. Naceu en Coyoacán (Mëxico) o 6 de xullo de 1907.


As Medallas Castelao 2010

Broche de ouro á carreira profesional de Rosalina Celada

Sociedade 10/06/2010
  Envía a túa opinión

Toda unha vida axudando a traer ao mundo a moitas xeracións de nenos e nenas coruñeses. Resúmese así a bagaxe profesional de máis de corenta anos da matrona Rosalina Celada que agora obtén o seu recoñecemento cunha das Medalllas Catelao outorgadas  pola Xunta de Galicia. Ademais da súa labor asistencial destacou polo seu traballo formativo e pola defensa dos dereitos do colectivo, sendo unha das fundadoras da Asociación Galegas de Matronas da que foi a primeira presidenta. 


Cerimonia de entrega das Medallas Castelao 2009

Prudencia Santasmarinas: “Unha maior conciencia das mulleres facilita os avances sociais”

Sociedade 09/06/2010
  Envía a túa opinión

O traballo a prol da profesionalización do sector marisqueiro galego e da formación das mulleres do mar da traballadora da administración pública, Prudencia Santasmarinas recoñeceuse pola Xunta de Galicia coa concesión da Medalla Castelao 2010. A coruñesa acada esta distinción xunto á cantante Luz Casal, a matrona Rosalina Celada, o pintor e escultor Antón Lamazares e o escritor César Antonio Molina. As medallas Castelao creáronse en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos seus restos e premian aos galegos/as que día a día engrandecen a realidade do noso país.


Saca tarxeta roxa ao maltratador, é o lema da campaña de Igualdade contra a violencia de xénero

Unha muller de Terrassa, vitima número 26 da violencia machista

Sociedade 13/05/2010
  Envía a túa opinión

O suceso produciuse esta madrugada no domicilio da parella, cando o home agrediu á muller cunha arma branca e esta faleceu a consecuencia das feridas. O home foi detido polos Mossos d'Esquadra pouco despois de producirse os feitos no mesmo domicilio familiar e está pendente de pasar a disposición do xuíz de garda. Segundo as primeiras informacións, a parella iniciara os trámites de separación e o home non residía no domicilio familiar. A muller deixa 2 fillos de curta idade que estaban no  domicilio cando se produciu o asesinato.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros