Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Filgueira Valverde faleceu en 1996

Filgueira Valverde foi o elixido

Sociedade 07/07/2014
  Envía a túa opinión

A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2015 a unha das figuras máis destacadas da cultura de nós durante o século XX, o polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, e traballa xa na homenaxe que en Galicia se lle vai render ao autor o vindeiro ano. A decisión provocou a protesta da Mesa pola Normalización Lingüística quen lembra o pasado franquista de Filgueira.


Festigal, feira cultural de referencia

Un Festigal 2014 de encontro entre a tradición e a vangarda

Cultura 06/07/2014
  Envía a túa opinión

Máis de cen actividades programadas nesta edición do Festigal 2014 encherán de creatividade cultural e artística o campus sur de Compostela o 24 e 25 de xullo, cunha oferta de lecer gratuíta destinada á mocidade que serve de escaparate “da música reivindicativa do país”. Alberte Mera (Galiza Nova), Tania Ameneiro (Fundación Galiza Sempre) e Saleta Chao (BNG) coincidiron en destacar “o carácter reivindicativo, festeiro e de encontro deste evento” que, ademais, pretende complementar a celebración do Día da Patria. Segundo explicou Tania Ameneiro, “o Festigal é espazo de encontro para a tradición e a vangarda”, por iso estará Sés, que definiu como “a rachadora rockeira e bluseira de referencia”; Nao, que presentará o seu último traballo “Cartas no caderno”; a Troupe dos Festicultores e mais A Quenlla o xoves 24 de xullo. O café concerto do 25 de xullo comezará coa frescura da música tradicional das mozas de Habelas Hainas; Os da Ría; García MC con "Abaixo e de pé", que é o título do seu último traballo; e Grampoder co seu disco “GolfWhiskey”.


Iñigo Urkullu

168 xeitos de promocionar o eúscaro

Institucional 25/06/2014
  Envía a túa opinión

Ata 168 medidas de promoción do eúscaro, inclue a Axenda Estratéxica 2013-2016 aprobada polo Goberno vasco. O  plan pretende "impulsar o coñecemento, o uso e a mellora da calidade comunicativa do eúscaro". Mobilizará 335 millóns de euros até o ano 2016.


Portada do Ep “La muñeca que hace no”

Os Sprinters, The Beatles galegos

Cultura 13/06/2014
  Envía a túa opinión

En plena efervescencia musical, no Ferrol da segunda metade da década dos 70, con bandas como Los Player’s, The Silver Dragons, Los Zares, Los Truenos e con solistas como Andrés Dobarro, Vicente Araguas ou Xoán Rubia, nacen Los Sprinters. Sería en 1965 con Miguel Varela, “Tranquilo” á voz e guitarra, membro xa de The Silver Dragons e The Wryders; Alfredo Mella ao baixo; Ramón Miranda e José Vázquez. Todos eles cun denominador común, ser admiradores confesos de The Beatles.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros