Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

Presentación

A Ruta do Viño Rías Baixas conquista Levante

Sociedade 07/03/2011
 15 comentario/s - Envía a túa opinión

Co obxectivo de consolidarse como referente enoturístico a nivel nacional, a Ruta do Viño Rías Baixas leva a cabo estes días diversas presentacións dirixidas aos axentes de viaxe españois e demais profesionais turísticos nacionais. En concreto, as dúas primeiras presentacións previstas celebráronse en Alicante (1 de marzo) e Murcia (3 de marzo).


Rui Pereira e Francisco Sampaio na presentación do programa

Esposende acollerá a XII Edición do “Março com Sabores do Mar”

Sociedade 24/02/2011
 10 comentario/s - Envía a túa opinión

Un cartaz turístico de grande importancia para o concello de Esposende. Así se presentou en Compostela o “Março com Sabores do Mar” que o municipio portugués  levará a cabo durante o vindeiro mes en colaboración con 26 restaurantes do concello. Trátase da XII Edición deste evento, que inclúe a realización do IX Concurso Gastronómico “Sabores do Mar”, no que participan 16 restaurantes; e o III Concurso “Jovem Cozinheiro dos Sabores do Mar”, promovido en colaboración coa Escola Profesional de Esposende (EPE).


Premio ao bó gusto

Sociedade 01/02/2011
 19 comentario/s - Envía a túa opinión

O libro El Buen Gusto en España, escrito polo xornalista Gonzalo Sol e editado polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, foi galardoado co Premio Gourmand Cookbook, na categoría "Estilo de Vida", como mellor libro español de Viaxe Gastronómica, e competirá agora cos premiados de diferentes países polo premio ao mellor libro do mundo. O volume, cuxa primeira edición foi encargada polo Ministerio de Agricultura en 1990 e do que xa se publicaron catro edicións, consiste nunha viaxe gastronómica que combina as características paisaxísticas, agrarias, pesqueiras e gastronómicas das diversas zonas xeográficas españolas, coas Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas actualizadas a setembro de 2010.


A alcaldesa de Betanzos María Dolores Faraldo cos membros do Club Gastronómico Rias Altas

O rico lacón con grelos

Cultura 21/01/2011
 29 comentario/s - Envía a túa opinión

"A materia prima debe ser de primeira calidade". Niso coinciden restauradores, cociñeiros e gastrónomos. Con lacón, orella, chourizo e patacas seleccionadas confeccionan os membros do Club Gastronómico Rias Altas o seu prato de lacón con grelos. Todos os martes e xoves ofrecen ese prato en 20 restaurantes da provincia da Coruña. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros