Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Doutor Míguez

Historia do termalismo en Galicia

Sociedade 04/03/2013
  Envía a túa opinión

O doutor Luís Rodríguez Míguez abordará a historia do termalismo en Galicia. O luns, 4 de marzo, inaugúrase o curso da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia. Será ás 19:00 horas,  no edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. No marco deste acto, o doutor Luís Rodríguez Míguez, codirector da Cátedra, pronunciará a conferencia inaugural, na que fará un percorrido pola historia do termalismo na comunidade galega.


Concentración da xente da Música e das Artes Escénicas onte no Gaiás

A AIEG non acudirá á entrega dos Premios da Cultura Galega 2012

Sociedade 20/02/2013
  Envía a túa opinión

A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), con preto de 200 socios e socias residentes nos cinco continentes, desiste de acudir á entrega dos Premios da Cultura Galega 2012 que terá lugar mañá xoves na Cidade da Cultura. A decisión tomada pola xunta directiva da asociación é un xeito de expresar o seu apoio aos traballadores e traballadoras das artes escénicas e musicais que se manifestan na Cidade da Cultura desde hai dous días, en solidariedade cun reclamo que atinxe a todas as persoas implicadas e comprometidas coa cultura de Galicia.


Xardíns do Pazo de Mariñán (Bergondo- A Coruña)

Pola ruta da Camelia e dos xardíns galegos

Sociedade 20/02/2013
  Envía a túa opinión

A Xunta, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de organizar un curso para a especialización de guías turísticos de Galicia en materia dos conxuntos botánicos galegos, dentro da estratexia de difusión dos produtos cabeceira da marca do Turismo de Galicia, concretamente o denominado Ruta da Camelia, no que se inclúen distintas experiencias turísticas nos xardíns máis emblemáticos da Comunidade galega.


Balneario de Cuntis-Pontevedra

Os balnearios galegos na rede

Sociedade 18/02/2013
  Envía a túa opinión

A Asociación de Balnearios de Galicia acaba de publicar unha nova páxina web, na que se reúne a oferta dos principais establecementos termais da comunidade. Recóllese o tipo de augas mineiromedicinais que posúe cada balneario, as súas indicacións terapéuticas para o tratamento de certas doezas e afeccións, así como os programas e os servizos hoteleiros de que dispoñen. Ademais da oferta termal, os usuarios teñen a oportunidade de achegarse a través da web ao contorno no que se sitúa cada balneario e ás posibilidades que lle ofrece ao visitante. Na actualidade a Asociación está integrada por un total de 19 balnearios

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros