Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Calquera día no seu quiosco

“1929: El gran crack” (La 2, 22 h.)

Sociedade 14/06/2012
  Envía a túa opinión

Hai meses que matino arredor da mesma cuestión: como anda de tanques Alemaña? Terá a Volkswagen algún modelo de Passat con tracción ás catro rodas e lanzamísiles e ametralladoras alí onde van a baca e os retrovisores? Eu dígoo por irme preparando e non morrer de espanto o día no que Europa regurxite todo o mal sangue que foi cocendo durante o século XX e esteamos outra vez en guerra. Porque poucos son os motivos que xustifican o asasinato, pero hainos. Os galegos coñecemos esencialmente dous: mover o marco dunha finca e ter débedas de cartos. 


Tirando a dar na selectividade

“El cine de La 2: Tiempo de silencio” (La 2, 22 h.)

Cultura 13/06/2012
  Envía a túa opinión

Así no bacharelato como nas categorías inferiores do fútbol, estudantes e xogadores están condenados a someter o seu futuro a un transo decisivo, a unha peneira que deixa pasar o gran e retén a palla, é que só se libra con talentos que pouco teñen que ver cos acreditados durante o curso regular. A selectividade é para a vida académica o que a promoción de ascenso ás ligas: non unha inxustiza, mais si unha prórroga non solicitada que serve para acreditar outros méritos como o control dos nervios e a resistencia en condicións pouco favorables. Pensan as autoridades que nunca sobran filtros. Se cadra teñen razón: a universidade non precisa producir cada ano un novo cento de xornalistas condenados ao paro, nin miles de expertos en leis aspirando a prazas de funcionario que non se convocan. Do que se si cabe culpar aos exames de selectividade é de fomentar a práctica do estudio coa lóxica da anorexia: un empacho de datos tragados ás carreiras co único propósito de vomitalos nunha arcada que dura tres días para volver deixar sitio libre. Eu tamén adelgacei os miolos despois do selectivo, pero entre o que o meu corpo retivo aínda figura “Tiempo de silencio”. 


Romanista

“Españoles en el mundo: Roma” (La 1, 22:15 h.)

Cultura 12/06/2012
  Envía a túa opinión

Din que todos os camiños levan a Roma e que a dos fillos da loba é a cidade eterna. Verbo da primeira cuestión, responderei que, daquela, debo de andar ben despistado. Respecto da segunda proposición, moito me convén que sexa verdade. A min non me pasou como a Mari Ángeles, Rosana, Alberto, Silvia, Laura e Pablo, os protagonistas da edición de “Españoles en el mundo” dedicada á urbe dos sete outeiros. Todos eles chegaron a Roma. Eu aínda estou por facelo. Isto, que en si mesmo tampouco é nada polo que desgustarse, tórnase ridículo cando refiro os lugares de Italia que pisei, entre eles Feltre, Mestre, Venecia, Lecce, Otranto, Matera, Turín, Milán, Vicenza ou Padua, onde finou San Antoniño. E iso, para un coruñés -que como os romanos tamén presumimos de Coliseo- é como dicir que un viaxa a Galicia e non vai ao pé da Torre de Hércules. Pertence á categoría do incomprensible. 


“Non á troika!!!”

“Hispania, la leyenda” (Antena 3, 22 h.)

Cultura 11/06/2012
  Envía a túa opinión

A furia, segundo a mitoloxía grega, é unha deidade feminina que representa a vinganza. Para a tradición popular cañí, é tamén a principal calidade que os valedores diso que se dá en chamar españolía decidiron arrogarse. Que habendo virtudes para escoller se optase pola carraxe, non fala moi ben do catálogo de méritos que unha sociedade que aspira á civilización vai acumulando polo camiño, mais tamén é certo que existen fitos históricos que poden soster o merecemento desa mención. Houbo furia, suponse, na resistencia numantina, ou tamén na sublevación contra o dominio napoleónico. Mais hoxe, cabe celebrar o acerto de quen relevou as seleccións deportivas españolas do alcume de “La Furia” para substituílo por “La Roja”. Sobre todo porque non se advirte rancor rabudo e vingativo en defensa da propia soberanía nun territorio representado por un monarca e un Goberno que se congratulan do “éxito” de ter logrado un rescate multimillonario de cartos que, se seguimos polo mesmo carreiro, hipotecará durante unha ou dúas xeracións a todo un país. E no medio de todo isto, Antena 3 devolve hoxe á grella, non sen certa ironía, a serie “Hispania, la leyenda”. Se eu che contara. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros