Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O “pachangueo lúdico solidario” de Fracasados de Antemano cobra forma de EP

Cultura 08/06/2010
  Envía a túa opinión

Tras un primeiro intento no 2005, renacía no 2008 no barrio coruñés de Labañou Fracasados de Antemano. Unha formación na que atopamos a Alba Clemente (voz), Román Suárez (teclado), Emilio Suárez (guitarra), Alejandro Sánchez (baixo), Javier Tejera “Teje” (batería) e Brais López (voz e trompeta). Un mestura de músicos e instrumentos que dá como resultado unha variedade de estilos que a banda denomina como “pachangueo lúdico solidario”. Festa e reivindicación que queren trasladar aos escenarios sen medo a fracasar, xa que dos erros tamén se aprende. A banda vén de autoeditar o seu primeiro EP homónimo co que xa podemos facernos a un prezo de tres euros contactando co grupo a través do seu facebook ou myspace.


Milú e Manolo Rivas na Feira do Libro de Madrid

Cultura 06/06/2010
  Envía a túa opinión

"Milú" relata as vivencias dunha nena en apuros. Este libro solidario doa o 10% das súas vendas á Fundación Meniños, unha entidade de acción social sen ánimo de lucro que traballa a prol do benestar da infancia e da adolescencia. Manuel Rivas asinará exemplares do volume a partir das cinco desta tarde na caseta da Editorial Kalandraka na Feira do Libro de Madrid. 


Luar na Lubre adiantan novos temas no peche do Xacobeo Raíces

Cultura 05/06/2010
  Envía a túa opinión

A música incluída no último traballo de Luar na Lubre, Ao vivo, e os novos temas que a banda xa está a ensaiar conformarán o concerto que mañá darán no Auditorio de Galicia de Compostela a partir das oito e media da tarde. Unha actuación que servirá de peche ao ciclo de música Xacobeo Raíces e que segundo comentou o gaiteiro e acordeonista da formación en Radiofusión, Bieito Romero, “permitirá aos asistentes gozar dunha retrospectiva dos 25 anos de andaina musical de Luar na Lubre pero ao mesmo tempo coñecerán algunhas das composicións que incluirá o noso duodécimo álbum”, que agardan que saia a finais deste ano.




Tonhito de Poi aposta no seu novo espectáculo por ir “A pelo”

Cultura 04/06/2010
  Envía a túa opinión

O pub A Guinda de Vigo (r/Real, 50 baixo. Zona vella) acolle á doce desta noite a estrea do novo espectáculo do ex-Herdeiros da Crus, Tonhito de Poi. A pelo, este é o nome da proposta que mestura música e humor e que, segundo confesou o propio artista en Radiofusión, “fala da roda da vida”. Tonhito de Poi lembra na peza anécdotas da mili, as primeiras frases da súa filla ou as palabras da súa avoa quen lle dicía que “o importante é ser persoa”.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros