Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Anxo Lorenzo

Na educación infantil, a lingua materna predominante

Sociedade 25/05/2010
  Envía a túa opinión

"Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo". Indícase así textualmente no texto do decreto do galego, publicado hoxe no DOGA.


O decreto do galego ainda non concretara onte a súa redacción

Sociedade 25/05/2010
  Envía a túa opinión

O polémico Decreto do Plurilingüismo non Ensino que o Consello da Xunta deu por aprobado o pasado xoves aínda non concretara onte a súa redacción. Así o indica o xornal El Pais citando a unha portavoz da Consellería de Educación.


O ex deputado Camilo Nogueira obtivo o Pedrón de Ouro

O Pedrón en Padrón

Sociedade 23/05/2010
  Envía a túa opinión

“Defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional”, son as características que definen aos desigandos co premio Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que se entregan na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón nesta xornada. O primeiro galardón recaeu no economista e político nacionalista Camilo Nogueira, ex deputado no Parlamento de Galicia e no Parlamento Europeo e autor de numerosos ensaios sobre a economía, política e historia do país, ademais de obras de prosa e poesía. O Pedrón de Honra significa a aqueles que residen fóra de Galicia e que máis se destacan polas súas “achegas ao engrandecemento da nación e a súa cultura”. Desta volta o premio foi para o catedrático de socioloxía da Universidade Complutense Fermín Bouza, de quen o Padroado da Fundación recoñece o seu “longo percorrido como activista político, ensaísta de fondo, narrador e poeta”.


Séchu Sende, Ugia Pedreira e Carlos Taibo inauguran ATravés / Editora

Cultura 21/05/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Galega da Lingua (AGAL) vén de transformar a que ata o de agora foi a súa área editorial no proxecto ATravés / Editora. Este novo selo substituirá tamén as coleccións Criaçom, Universalia e Clássicos por ATravés / Das Letras, Através / Das Ideias e ATravés / De Nós. Como novidade, créase tamén Através / Da Lingua, especializada en cuestións lingüísticas. Animais!, o primeiro álbum ilustrado de Séchu Sende, e Noente paradise. Poemas e canções, o primeiro poemario de Ugia Pedreira, inauguran o catálogo de ATravés / Das Letras. Carlos Taibo muda a súa temática habitual de estudo, a xeopolítica, coa obra Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa, primeiro título de Através / Das Ideias.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros