Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Carlos Callón preside a Mesa pola Normalización Lingüística

O decreto nace xuridicamente morto, segundo a Mesa

Cultura 20/05/2010
  Envía a túa opinión

"O PP quere ignorar o demoledor informe do Consello Consultivo en aspectos centrais, como a obriga constitucional e estatutaria de promover a lingua propia, polo que este decretazo nace xurídicamente morto" afirma a Mesa pola Normalización Lingüística, tras o anuncio realizado este mediodia polo presidente da Xunta Núñez Feixóo.


Consello da Xunta esta mañá

A Xunta aproba un decreto do galego que xa non recolle a consulta ás familias

Sociedade 20/05/2010
  Envía a túa opinión

A Xunta aprobou esta mañá o denominado decreto do plurilingüismo, recollendo algunhas das recomendacións formuladas polo Consello Consultivo de Galicia. Así, en Educación Infantil, substituese a consulta por unha pregunta sobre a lingua materna. En Secundaria non haberá consulta, ainda que Feixóo anunciou que presentará no Parlamento unha lei para incentivar a participación das familias no ensino.


O Festival de Cerceda súmase á defensa da cultura libre

Cultura 20/05/2010
  Envía a túa opinión

A Asociación Lucerna celebra este sábado o XVII Festival de Cerceda. Unha xornada que aproveitará para converter ao concello coruñés no primeiro que se declara, simbolicamente, 100% libre da SGAE. Un dos organizadores do evento, Bocixa, afirmou en Radiofusión que non están en contra de que os autores protexan os seus dereitos, senón de que xestoras como a Sociedade Xeral de Autores e Editores, apoiadas polo Goberno estatal, cometan abusos. O Campo da Feira e a Casa da Cultura de Cerceda son os espazos que acollerán esta cita festiva na que haberá oco para debater sobre a cultura libre, exhibir curtas e gozar da música de Fracasados de Antemano, O Leo i Arremecaghona, Nao, Selecta in helicopta, GendeBeat e 12 Labirinto.





Lamatumbá anuncia sorpresas na presentación compostelá de “A Órbita da Banda Hipnótica”

Cultura 19/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Sala Capitol de Santiago é novamente o escenario elixido por Lamatumbá para a presentación do seu novo disco, A Órbita da Banda Hipnótica. Os ourensáns volven con 15 novos temas, a metade xa presentados en concertos previos como os desta fin de semana en Ortigueira, a Festa da Marosa de Burela ou Nigrán. Non obstante, mañá será a presentación oficial en Santiago e previamente ao concerto da Capitol, o baixista da banda, Pedro Feijóo, comentou en Radiofusión que programaron unha sorpresa para esa mesma tarde, a partir das sete, nas rúas compostelás. O que teñen preparado para o horario vespertino é unha incógnita, pero si sabemos que haberá moita festa, porque o novo álbum irradia máis verbena do século XXI, a esencia de Lamatumbá. As portas da sala santiaguesa abrirán ás nove e media da noite. A entrada anticipada custa seis euros, dez na billeteira. Tamén mañá sairá á venda este novo disco baixo o selo catalá Discmendi.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros