Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Lamatumbá anuncia sorpresas na presentación compostelá de “A Órbita da Banda Hipnótica”

Cultura 19/05/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

A Sala Capitol de Santiago é novamente o escenario elixido por Lamatumbá para a presentación do seu novo disco, A Órbita da Banda Hipnótica. Os ourensáns volven con 15 novos temas, a metade xa presentados en concertos previos como os desta fin de semana en Ortigueira, a Festa da Marosa de Burela ou Nigrán. Non obstante, mañá será a presentación oficial en Santiago e previamente ao concerto da Capitol, o baixista da banda, Pedro Feijóo, comentou en Radiofusión que programaron unha sorpresa para esa mesma tarde, a partir das sete, nas rúas compostelás. O que teñen preparado para o horario vespertino é unha incógnita, pero si sabemos que haberá moita festa, porque o novo álbum irradia máis verbena do século XXI, a esencia de Lamatumbá. As portas da sala santiaguesa abrirán ás nove e media da noite. A entrada anticipada custa seis euros, dez na billeteira. Tamén mañá sairá á venda este novo disco baixo o selo catalá Discmendi.




A radio con lingua xenerou moita expectación no Dia das Letras Galegas

A radio local, a radio das letras

Cultura 18/05/2010
  Envía a túa opinión

A prensa escrita e a dixital fixéronse eco da participación de Radiofusión na marcha das Letras Galegas que onte luns percorreu as rúas do casco histórico de Santiago de Compostela. Os xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego e El Progreso, entroutros, recollen imaxes da radio xigante coa que as emisoras municipais se sumaron á iniciativa en defensa do idioma galego.


A Praza do Obradoiro reclamou a retirada do decreto do plurilingüismo

A exitosa manifestación do Día das Letras deixou claro que “en galego temos futuro”

Sociedade 17/05/2010
  Envía a túa opinión

O actor, Antonio Durán Morris; a secretaria da Mesa pola Normalización Lingüística, Iria Taibo; o escritor, Xavier P. Docampo; a escritora, Marta Dacosta; a artista, Uxía Senlle; e o actor, Carlos Blanco, foron os encargados de ler o manifesto da mobilización do Día das Letras Galegas. Foi na Praza do Obradoiro, na que ás dúas da tarde non collía nin un alfinete, a pesar de que aínda quedaba moita xente por acceder a este céntrico espazo do casco vello santiagués. “En galego temos futuro”, así rematou a lectura, que veu precedida do toque de humor de persoeiros como Carlos Blanco, quen fixo un discurso plurilingüe para que os peregrinos presentes na praza entendesen o que alí estaba a acontecer. “Somos gente de Galicia defendiendo nuestra lengua. We are galician people defending our language”, afirmou o actor, quen rematou pedindo misas en galego na catedral.




Radiofusión participou no Dia das Letras Galegas

PSdeG e BNG camiñaron xuntos polas rúas compostelás en defensa do idioma

Sociedade 17/05/2010
  Envía a túa opinión

O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, participou esta mañá na manifestación convocada por Queremos Galego e afirmou en Radiofusión que “hai que saír á rúa para reivindicar o que é normal, é dicir, vivir na nosa lingua e para que o Goberno cumpra coa súa obriga en lugar de ir en contra do idioma do país.” Aymerich tamén asegurou que “parece mentira que o pobo galego teña que facer o que a Xunta non quere”. Pola súa banda, o voceiro de Educación do PsdeG-PSOE, Guillermo Meijón, tamén presente na mobilización, dixo que o Día das Letras “debería ser unha xornada de festa, pero a actitude do PP fai que esteamos nun día de defensa da lingua, ante as políticas de regresión da Xunta. No que se refire ao noso idioma non se pode aceptar un paso atrás”.



1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros